GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D40a
1459, marzo, 20

Ao existir desacordo sobre os bens do xastre Afonso Iáñez, a súa viúva e filla fan inventario deles. (fols. 15-16v)

Enna çidade d’Ourense, viinte dias do mes de março d(o anno) de LIX annos, ennas casas de morada que foron de Afonso Anes sastre, vesiño que foy da dita çidade, estando y presentes Vasco Gomes et Gomes de Mugares juises da dita çidade et Martin do Cabo et Joan Cortydo rejedores da dita çidade, en presença de min o notario et tests. de juso escriptos, logo os ditos juises et rejedores diseron que por rason que o dito Afonso Anes oje este día o enterraran et sua filla et sua moller tomaron contra elles seus testemuyos que escripvisen todas las cousas que sian ennas ditas casas et visen ontre eles seus debates de seus beens et das ditas casas, por ende que elles por min o dito notario que escripvian et escripviron os ditos beens movelles que sian ennas ditas casas, os quaes son estes que ende acharon que se sigen:
Primeiramente começaron a escripvyr enno sobrado das ditas casas estas cousas que se sigen:
Iten sete touçinos et hun ençetado.
Hun unto enteyro et outro ençetado.
Nove legoons et duas eixadas.
Tres caldeiras (huna)* /duas\ de cobre et outra de ferro.
Hun morteyro con sua maao, hunas gramalleyras.
Huna sartana et hunas greellas, çinco espetos de ferro, tres culleres de ferro, (h)* dous coytellos de ferro.
Hun saco cheo de farina triiga, tres peneyras, hun restrello, dous odres (hun medo)*.
Dous barriis, quatro pichees destano, dous pratos destano e hun de madeira. (fol. 15)
Huna teega de medir pan et hun quarto (...) hun arca de pees, huna maseyra de (...)sar pan, duas cantaras de trigo e ag(...).
Tres tiras de vaca chaçina, huna mesa de pees et outro banco en que seen duas çestas de masa et mays outro çesto de masa.
Iten quinse taboas de serra et mays outra que seen estradas a par do tellado, huna escaada.
Iten dous candeiros de ferro, hun rello de rellar pan, hun qestella de mantees cobertoyras.
Hun conqeiro con viinte et quatro conqas et seys pratos de madeira, et tres malladeras et hun enbudo.
Tres sacos de (pan)* /laan\ et hun de lyno, huna arqa que diseron que era de gardar panos.
Dous leytos de taboas et seys cabeçaas de pruma et seys colchoons et seys sabaans de cama et tres almofadas et tres trabeseyros et duas cribas et dous alfamares et hun vellon et quatro mantas, duas cantaras.
Dous pares de calças, hun gibon de fustan vello et outro gibon de seda ja usado, hun pano de çinbla novo, huna ucha sen cobertoyra. (fol. 15v)
(...) casa e camara de baixo en huna arca qatrose medeas maranas de fiado delgado cosido.
Hun arcas de pees longo con sua cobertoyra.
Çinco arcas pequenas chaans et outra arca de pees, hun restrello novo (q)*, tres espadas et hunas cardas, tres tesoyras de tallar, hun qestello, dous abotoadores, quatro ferros de farpar, huna carta de purgameo da viña de Porteiro.
(Quoreenta)* çincoeenta e tres maranas de fiado groso, outro leyto de taboas, çinco ou seys çestos de ubas ontre novos et vellos que dise sua moller que tinan.
Quatro botoons agraandiços.
En outra arca que sía pechada des toucas por curar, ata çincoeenta mrs. pouco mays ou menos, duas tesoyras de aparellar, hun dorno vello con huna taboa en çima, huna cuba vella en dous arcos, huna taboa de aparellar.
/Foron logo\ enna tenda de baixo /et acharon\ quatro cubas (et)* /con\ huna pequenina que levara hun moyo et nove çestas de vendimiar et çinco taboas, hun taboreiro /+\ et entregaron a chave de huna ucha en que seen as cartas e depositaron todo en poder +.
Tests. Martin do Cabo, Joan Cortydo rejedores, Joan de Meijonfrio, Afonso Fernandes.
+ de Afonso Fernandes et de Joan de Meijon Frio et mandaron que teve
sen en sy os ditos beens secrestados et entregaronlles (fol. 16) as ditas chaves et que persona alguna non (...)do de lles entrar nen tomar  o dito secresto (...) de perder o dereito que a elles tina, et outro tanto que manda-van a dita Costança Paas (et a dita)* moller do dito Afonso Anes que deus aja (que outro tan)* et a dita Katalyna filla do dito Afonso Anes que estevesen ennas ditas casas anbas para faser suas onras e pias causas ao dito finado fasta que elles visen ontre elles os ditos debates et contenda que eran ontre elles sobre los ditos beens et ouvesen seu acordo con leterados et determinasen ontre elles segundo que achasen por dereito /+\ et sacaron logo juramento aas ditas Costança Paas et a dita Katalyna Afonso, filla filla do dito Anes, que non tomasen nen tirasen cousa alguna dos beens que asy ficavan ennas ditas casas, et ellas asy o juraron. Tests. os sobre ditos e mays Fernando Vasques et Gonçalvo de Bobadella, Martin do Cabo, Joan Cortido.
++ non apropiando dereito nen posison a ninhuna das ditas partes.