1337, xaneiro, 12. Lugo
Pedro Ruiz, arcediago de Dozón, afóralles a Martiño Pérez e á súa muller
e a unha voz o casal de Beanna, en Santo Estevo de Eirexalba, pola
metade ou o terzo do producido anualmente mais 30 soldos por foros.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Pedro Roys, archidiago de Deçon,
et amiistrador do mes de março enna Somoça de Lemos et enno Inço
et enno Mao, con outorgamento de don Fernan Aras, dayam, et do
cabidoo da iglesia de Lugo, avervo a vos, Martin Peres et a vosa
muller Tereyia Garçia, moradores en Iglesia Alva para en todos
vossos dias, et a huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear a
tenpo de sua morte, o casal que chaman de Beanna que he sub signo de
Sant Estevoo de Iglesia Alva, que perteeçe a amiistraçon do mes de
março, con todas suas dereyturas et pertenenças, a monte et fonte,
per hu quer que vaan. Et vos avedes a lavrar et parar ben as herdades
do dito casal, et avedes y a chantar des arvores de levar froyto, et
que mantenades as casas en seu estado et as paredes ben, as quaes son
duas cassas de paredes et cubertas de lousa, et huna casa pallaça,
et huna corte feytas de paredes todo arredor. Et avedes a dar por el
cada anno a meatade de quanto Deus y der dando-vos semente, ou o
terço en salvo, et triinta soldos por foros. Et a passamento de vos
et d’aquela pessoa que vos os sobreditos nomeardes que fique este
casal livre et quito con todas las boas paranças que y foren feytas
a a dita amiistraçon. Et aquella pessoa que for nomeada en que fique
o dito casal que o venna reçeber d’aquel que for amiistrador do
dito mes de março et do dayam et cabidoo da dita iglesia, et ata que
o non veer reçeber que non seia poderosso d’entrar o dito casal.
Et
nos, os ditos Martin Peres et Tereyia Garçia, assy o reçebemos de
vos o dito archidiago et amiistrador, et obligamos nos et nossos bees
de conprir et pagar todo o que se en esta carta conten asi commo
sobredito he. Et demays pormos entre nos que qualquer de nos as
partes que contra esto pasar que peyte a a outra parte que o cunprir,
çent moravedis desta moneda del rey don Affonso, et o vervo fique
valliosso.
Et
nos, archidiago amiistrador, porque esto fose mays çerto mando-vos
dar esta mina carta seellada con meu seello pendente.
Et nos, o dayam
et cabidoo sobreditos, mandamos-la seellar outrosi con nosso seello
pendente.
Dada en Lugo XIIe
dias de janeyro, era de mill et treçentos et
setaenta et çinquo annos.