(5V)
-174-
Este día e ano4, en paaços de Pero Leyteyro, que sõ ẽna dita Santa Vaya / en593 presençia de mjn, dito notario594, et çétera, pareçeu y presente Gonçaluo de Paradela, / ao qual eu tomey juramento sobre hũa sinal de crus4 en forma de dereyto, et çétera, / e diso que para o juramento que feyto avía que podía aver quatro anos4 pouco máis / ou menos que el yndo por seu vjno aa grãja, que oýra cauar / ẽna orta de baixo da granja de Saar, e que saýra ao curral e fora // ver e achara a Johán Rramallo, fillo de Johán Rramallo de Vermo, moço de Johán de Meljde, ferreyro da Proua, que leuaua hũu ljmoeyro çebtý / que avía arrĩjcado da orta de baixo da dita grãja, e que nõ sa/bendo delo parte lle disera que fesera mal e que o acusara delo, / deséndolle que(e)n lo metera allý, e el que rrespondera que Johán de Vera, / e que Afonso Rrodriges de Vimyeiro dera a esculca del a seu dono, e que veu / como4 o leuaua o dito moço, pero que nõ foy en elo de dito nẽ de feyto / nẽ de cõsello, nẽ leuou por elo nada.
Jtem diso que el mesmo / testigo leuara húa cũca cõ sardjnas595 da dita grãja.
Jtem diso / que leuara máis hũa meán de palmo e medjo.
Jtem diso que / outra cousa nõ cortou de Sã Justo saluo quanto puso ẽnas vjnas / que596 teẽ da granja.
Jtem diso que oýra diser que a casa de Santiago / que está en Sãdereço de Çima, que oýra diser a Ares Yanes que aquel / casal que o vendera Afonso de Castro cõ as vjnas d'Abuýn a hũu / abade de Sã Justo, e que o aforara logo del por hũu par de capõos / e porlo terço do vjno; e que oýra diser este dito dja á filla de / Garçía Peón, Eluyra Ferrnandes, que desfesera Afonso de Castro hũu casal / ẽna lágea, que era de Sã Justo, para murar a vjña de Bouçoos.
(6 V)
Jtem diso que oýra diser a Rroý de Mayo que el desẽbargaua / a Sã Justo dúas mjllarías de herdade jũto cõ a leyra de / súa moller de Nauareses, que jas jũto cõ a de Sã Justo, e que as / tomara de Sã Justo, e que disera que para la ora da morte en que / estaua, que as tomara a Sã Justo, e que llas desẽbargaua e que o / oýra diser a seu týo, Rroý de Mayo, estando en artículo morty / cõ protestaçõ que fasía que se máis se lle acordase que logo / que se lle acordase o venrría declarar ante mjn, dito notario. Testigos: o padre frey Pedro de Castro e frey Luýs, frayles de Sã / Françisco. Diso que lle gardase desto secreto, et çétera. //
__________
4. Leva un trazo sobre a palabra.
593. Despois está riscado mjña.
594. De mjn, dito notario está entreliñado.
595. Está escrito con abreviatura de er.
596. Despois está riscado del.