130
marzo, 4
Lois González manda a Xoán Teixeira que pague á muller de Rodrigo Cordeiro a dereitura que lle había de dar de parte do prior de Santa Comba. (fol. 41)
Afonso de Meende.
En este día e ora e por estas tests. en Ourense, enna Rua das Tendas, Loys Gonçalves mandou a Joan Teixeira, que presente estava, que se lle (- - -) desenbargase os mrs. da dereytura que lle avya de dar do prior de Santa Coonba et desenbargando a dita moller do dito Rodrigo Cordeiro os ditos .- da dita dereytura do dito prior, que o dito Joan Teixeira que os pagase a dita (- - -) asy dos annos pasados como des aqui en deante, por quanto confesava que avya a dereytura por ela. Tests. Rodrigo Vasques, Gomes Ares, Joan do Bouteiro.