Ares de Sanín demanda a Inés Pérez os 50 mrs.
que pagara ao seu marido, Pascual Rodríguez, polos pedidos do rei,
ordenando o alcalde que así se faga. (fols. 161v-162)
Ares de Sarria.
En este día, enna Praça, ante as portas de min o notario, ante Pero Rodrigues alcallde, Ares de Sanin demandou a Eynes Peres, moller de Pascual Rodrigues, çinqoeenta mrs. branca en tres dños. que diso que pagara a seu marido dos pedidos del rey e a dita Eynes Peres diso que non sabya que era et que taes mrs. que los non vira pagar et o dito Ares de Sanin diso que era prestes de o provar e o dito alcallde diso que lle mandava que o provase. Logo o dito Ares de Sanin diso que presentava por tests. a Roy Bouçooa, que estava presente quando lle dera os dños. e logo o dito alcallde sacou juramento do dito Rodrigo Bouçooa e do dito Ares de Sanin en forma devida, anbos declararon que pagara os ditos L .- ao dito Pascoal Rodrigues ante a sua porta para en pago dos XCII .- que lle poseran de talla, por quanto os qoreenta et dous mrs. ja os pagara (fol. 161v)
ao colledor etç. Et o dito alcallde mandou a dita Eynes Peres que ata IX dias primeiros dese e pagase ao dito Ares de Sanin porlos beens do dito Pascoal Rodrigues os ditos L .- ficandolle a salvo se fose provado ou achado que os o dito Pascoal Rodrigues dera ao conçello ou aos colledores, que lle fosen reçebidos en conta. Tests. Loys Gonçalves, Alvaro Afonso, Gomes de Chantada rejedores, Afonso Anriques.