GMH/ÍNDICE A-Z

107
1434outubro, 28

Catalina Gonçales afora a Fernan Montero, morador en San Vicente de Cerpenzóns, e á súa muller, por tempo de súas vidas, dúas voces e 29 anos, unhas leiras de viña no casal de Leborey, por foro do tercio do viño.

(ff. 52 v-53)

XXVIII dias do dito mes de oytubre. Sabean todos que eu Catalina Gonçales, moller que foy de Fernando Duran cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, aforo et dou en aforamento a vos Fernan Monteiro, morador ena fiigresia de San Viçenço de Serpençoes, que sodes presente, et a vosa moller Maria Fernandes, por tenpo de vosas vidas danbos et por mas aalende das ditas duas voses viinte et nove anos conpridos primeiros seguintes, et hũa boz deve nomear a outra et a outra deve dar vos quen ha de aver os ditos viinte et nove anos, as mĩas leiras de viñas que jasen no casal de Lebrey, as quaes jasen juntas con outras leiras de viñas que agora labra Pero Franquo, escripvan, et son ẽna dita fiigresia, et as quaes a min perteesçen por manda que me delas fezo Maria Peres moller que foy de Pero Franquo mercador, et eu ey delas de pagar ao moesteiro de San Salvador de Lerez, en cada un ano, noventa mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros por foro por elas et por lo dito lugar et leiras, et aforovos como dito he as ditas leiras de viñas con seu tarreo en que estan et con seu muro, çerqua et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteescen et // perteesçer deven de dereito (roto de media liña) viñas de poda, cava, rodriga, arrenda et que as requirades de todos los outros lavores que ouveren mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a mĩ et a mĩas boses por foro, çenso, conosçemento das ditas viñas, o terço do viño que Deus en elas de, mosto aa dorna, o disemo a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et fẽitio. Et devedes vendimar et coller o dito viño por mĩ ou por meu home, et proveer de comer et de beber a mĩ ou ao que estever ao partir do viño por mĩ. Et eu devo pagar ao dito moesteiro a dita penson dos ditos mrs., en maneira que vos ajades as ditas leiras de viña por lo dito foro do terço. Et vos o dito Fernan Monteiro avedes de fazer et poer hũu lagar ẽna mĩa casa que esta açerqua das ditas viñas, et cobrir a dita casa et lagar por vosa custa. Et eu eyvos de dar cent mrs. de moeda vella para ajuda de o fazer, et avedes de aver et tomar de madeira dos meus castiñeiros a que ouverdes mester para elo, et eso mesmo avedes de aver da madeira das bouças a que fezer mester para as ditas viñas en cada hũu ano. Et con esto seerdes anparados de todo enbargo por lo dito tenpo das vidas de vos et da dita vosa moller et das ditas duas voses et dos ditos viinte et nove anos, por mĩ et por meus bẽes et do dito moesteiro que vos a elo obligo, et so pena de mill mrs. da dita moeda, que outorgo que vos peyte por pena seo asy non tever et conplir et contra elo veer. Et eu o dito Fernan Montoiro, que asi soo presente et que fazo por mĩ et por la dita mĩa moller et por las ditas duas voses, asi resçebo et outorgo este dito aforamento por las maneiras et condições sobre ditas et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et as ditas nosas duas voses o tenamos, cunplamos et agardemos todo asy segundo et ẽna maneira que de suso dito he aa boa fe et sen maao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes asi movels como reises que vos a elo obligo, et sub a dita pena que outorgo que vos peitemos por pena seo nos asi non tevermos, conpliremos et agardarmos et contra elo viermos, et a pena pagada ou non esto como dito he este senpre firme segundo suso dito he. Que foy outorgado ena dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes suso ditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Afonso Yanes notario, Pero Gonçales prateiro, Fernando de Mosonço (...?) et Gomes de Portomarin clerigo.

(roto) Catalina Gonçales para ajuda de por hũu lagar açerca das viñas (...?) et Fernando Monteiro ha de cubrir a casa do lagar por sua custa et tomar da madeira dos castiñeiros para ela, et eso mesmo aver das bouças a madeira que lle fose mester para as viñas cada un ano. Testemoyas ut supra.