(ff. 17-18)
Este dia. Sabean todos que eu Juan da Lagia, besiño da villa de Pontevedra, et Pero Eanes, meu fillo, et de mĩa moller que foi Maior Leal, que somos presentes et que fesemos por nos et por todas nosas bozes, non costrengudos por força nen por enganno, resçibidos mais de nosas libres et propias voontades, queremos et outorgamos que por quanto nos teemos aforado, para todo senpre, de Catalina Oanes do Ribeiro, moradora ẽna dita villa, a leira de viña, disimo a Deus, que jas ẽno chouso de Pedroso, que disen da Lavandeira, que he ẽna fiigresia de San Mamede de Moldes, a qual leira et viña vay para o porto da Lavandeira, onde esta o moiño de Domingo Marquon, et vay topar en outra bina que foi do dito Domingo de Marquon, que agora labra Pero Cruu, o moço, et da outra parte vay de longo con o rego que jas junto con outra leira que foy de Garçia de Simis et ven seir a outra congostra publica que vay para San Mamede de Moldes // et a qual dita leira de viña asi teemos aforada da dita Catalina Oanes por seys canadas de viño ullaao mosto que lle avemos de dar en cada un ano, mosto aa dorna, en salvo sen desconto algũu. Et agora, ao presente eu, o dito Juan de Lagea, soo vello et prove et doente et perdido da vista de meus ollos, et eso mesmo eu o dito Peso Eanes soo doente et poble, por lo qual non podemos labrar, nin procurar a dita viña et novidades dela, segundo que somos obligados, et vos Ares Garçia de Rajoo, mercador, vesiño da dita villa, que sodes presente et que fasedes por vos et en nome de vosa moller Ynes Fernandes et por todas vosas voses, sodes tal persona et rico, por tal maneira que labraredes et procuraredes a dita leira de viña por la via et forma que nos somos obligados de a labrar, et outrosi nos destes et pagastes dosentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que convosco fomos et somos convindos por lo adubeiro et feitio que fesemos ẽna dita viña, os quaes nos destes et nos de vos resçebymos en presença deste notario et ts, et de que nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade et renunçiamos etc. Por ende nos, o ditos Juan da Lagea et Pero Eanes, meu fillo, que asi somos presentes et que fasemos por nos et por las ditas nosas (bozes) poemos et traspasamos en vos, o dito Ares Garçia et ẽna dita vosa moller et bosas bozes a dita leira de viña con sua novidade que en ela agora esta et con seu terreo et pees et muro et çerca et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito para que desde oje este dia a lavredes et procuredes en maneira que se non perga et que dedes aa dita Catalina Onaes et a todas suas vozes para todo senpre, as ditas seys canadas de viño mosto aa dorna en salvo en cada vn año en maneira que a nos et a nosos bees quitedes delo a pas et a salvo para senpre, et por ende queremos et outorgamos que desde oje este dia endeante posades entrar et resçebir et ajurar a dita leira de viña et faser dela et en ela toda vosa livre boontade como de bosa cousa propia con o dito carrego. Et prometemos et outorgamos de vos la faser de pas livre et quita senpre et en todo tenpo de todo enbargo, salvo das ditas seys canadas de viño, por nos et por todos meus bẽes movles et reises et so pena de dous mill maravedis de boa moeda que vos peitemos etc. Et eu o dito Ares Garçia, que asi soo presente et que faço por min et // por la dita mia moller et nosas vozes, asi o resçebo et prometo et outorgo, que eu et a dita mĩa moller et nosas vozes lavremos et procuremos ben et fielmente a dita leira de viña, et eso mesmo demos et pagemos en cada un ano as ditas seys canadas de viño en salvo aa dita Catalina Oanes, en maneira que vos quitemos delo a pas et a salvo, para o qual asi teer et conprir et pagar obligo a elo a min et a todos meus bẽes et so a dita pena, et a pena etc. todavia etc. Feito o estromento na dita villa de Pontebedra ano, dias, mes sobreditos. Ts.: Lourenço Yanes Corna, clerigo de San Mamede de Moldes, et Lourenço Yanes, alfayate, jenrro de Martin Afonso Caldelas et Fernando Afonso et Afonso de Mondoñedo, criados de Fernando Bieites das Travanquas et outros. Feita.
Iten os ditos Juan de Lagia et Pero Eanes renunçiaron ẽno dito Ares Garçia et ẽna dita sua moller et suas voses o foro et feitio da leira da viña que jaz en este chouso, a qual vay de longo con outra leira de viña de Afonso Garçia de Simis en hũa parte et da outra parte con outra leira de viña que he do mosteiro de San Domingo, que agora labra Juan de San Bertolameu, et vay entestar en outra viña de agora labra Pero Cruu, o moço, que foi de Juan Giton, et vay seyr aa congostra publica que vay para as viñas de Moldes, a qual eles tiinan aforada do clerigo cureiro de San Mamed de Moldes para senpre, renunçiaron a todos o feitio et novidade etc. Ts: ut supra.