GMH/ÍNDICE A-Z

943
1417, xuño, 4. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Arias González, á súa muller e a unha voz os vales de Reboiro coas súas viñas e unhas leiras na freguesía de Santiago de Reboiro, por renda anual o primeiro beneficiario de 18 marabedís e 19 marabedís os seguintes.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 126 r.

Sabeam quantos esta carta virem como nos o deam, persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabiidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabiidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, avido primeyramente noso consello et deliberaçon, damos aforo et avervo a vos Ares Gonçalves de Layosa et a vosa muller, Eynes Ferrnandes, et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, que seia fillo ou filla de anbos, et se non for nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereyto, os vales de Reboyro con seu vinedo, que iasen sub signo de Santa Maria de Reboyro, et a leyra de Codesedo et a leyra de Val de [Gimer], et a outra leyra que ias en outra de Riadegos, as quaes ditas leyras som da nosa amynystraçom do mes de março, et perteesçen a ela et a nos por nome dela, et as quaes vos aforamos, segundo dito he, con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaan sub signo de Santiago de [Reboyro], segundo as vos ora tragedes et usades a jur et a mao, a a tal pleito et condiçon que vos labredes et façades labrar et parar ben as ditas herdades et leyras, et as mantenades en boo paramento; et dedes et paguedes de foro et penson de cada ano, a aquel que for amystrador do dito mes de março por la dita iglesia de Lugo, vos o dito Ares Gonçalves en vosa vida des et oyto maravedis de moneda vella et de longos, et a dita vosa muller et a outra persoa que suçeder en o dito foro que den et paguen de cada ano de foro et penson des et nove maravedis de moneda vella et de longos, et que os dedes et pagedes de cada ano por dia de Natal en a maneyra que se pagaren os outros foros da dita iglesia de Lugo. Et outrosy que a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro seia teuda et obligada de vir reçeber o dito foro do dito cabiidoo, et mostrar como del he persona ata triinta dias primeyros seguentes, et non no fasendo asy que por ese meesmo feyto pergades o dito foro et seia ninhun; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que as ditas herdades et leyras et dereyturas fiquen lavradas et çarradas et ben reparadas a a dita iglesia de Lugo et a a dita amystraçon, cuias son, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Ares Gonçalves, que presente estou asy reçebo o dito foro para min et para a dita mina muller et persoa por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos et manteermos en todo segundo et en a maneyra que dita he.

Et nos, o dito dean, et persoas et benefiçiados do dito cabiidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese delo duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, huna para vos, o dito Ares Gonçalves, et vosa muller et persoa, et a outra para nos, o dito cabiidoo, et que as signase anbas de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Ares Gonçalves, con o seelo do dito cabiidoo.
Feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, quatro dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: o dito don Juan Martines, dean et amystrador; don Afonso Lopes, chantre; don Lopo Dias, mestrescola; dom Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Juan Yanes, Afonso Teyxeyro, Juan Dias, Juan Lopes, Nuno Gomes, Lopo Afonso, coengos de Lugo; Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, raçoeyros da dita iglesia; Mestre Juan, porteyro do cabiidoo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.