vendaGómez Lourenzo Celeiró véndelle a Afonso Iáñez dous moios de
viño cada ano, sen composta, por 600 mrs.
Enno nome de deus amen.
Sabean quantos esta carta viren que eu Gomez
Lourenço Çeleiroo morador en Ourense na
rua das Chousas, fillo de Lourenço Yanes
Çeleyroo çidadao d’Ourense que foy,
por min e por toda miña voz vendo e entrego logo por
esta presente carta a vos Affonso Eanes çidadao
d’Ourense morador na rua dos Çapateyros e a toda
vossa voz para senpre dous moyos de viño de cada
anno para senpre sen conposta colleyta,
por quarta dereyta de lagar, a dez e sete quartas
por moyo, o qual viño outorgo e prometo
de vos dar en Meende da miña seara que eu ora y teño
ante as portas da miña morada de Meende. Et se por
ventura na dita seara non ouver o dito
viño cada anno que volo dé das outras
viñas que eu y aio en Meende, os quaes dous
moyos de viño vos devo dar cada anno na vindimya e que
volos começe logo a dar en esta vindimya primeira
que ven e daly endeante cada anno para
senpre na vindimya. Et esta venda vos faço por preço
çerto que a min e a vos aprouvo de
me por ella dardes, conven a saber
seysçentos moravedis de brancas doyto en
soldo o mor. da moeda de noso señor el rey don
Afonso, os quaes de vos reçebi en diñeiros
feitos en presença do notario e tests.
sub escritas de que me outorgo por ben
pagado. Et renunço spresamente aa eicepçion
de numerata pecunya que a non possa alegar por
min nen por outro en juyzo nen
fora del. Et para vos pagar e dar os ditos dous moyos
de viño cada anno na vindimya segundo dito
he obrigo a vos todos meus beens movilles
e reyz gaañados e por gaañar. Et speçialmente
vos obrigo todalas viñas que eu aio en termino
de Meende e outorgo a miña pousa e moynos que
eu aio en termino de Meende por que
os aiades. Et outorgo que seiades anparado
vos e vossa voz senpre a dereito con esta
vendiçon por todos meus beens
gaañados e por gaañar. Et quen quer que
contra esta venda que vos eu faço
veer aia a miña maldiçon e peyte a vos ou a
vossa voz por pena quiñentos mor. da boa
moeda e aa voz del rey outros tantos, e esta carta e
vendiçon fique firme e valledeira
para senpre. Feita a carta en Ourense,
çinqo dias de julyo, era de mill e ccc lxxx
annos. Tests. desto Fernan Yanes avogado
morador en Ourense na praça de San Martiño,
Fernan Perez alfayate morador en Ourense
trala ausia de San Martiño, Afonso Eanes
pedreyro natural de Santiago morador en Ourense.
Et eu
Ferna
n F
ern
andez not
ario d’Ouren
se
pola igl
eia dese lugar q
ue a esto p
resent
e
foy e o esc
rivi e meu nome e sinal y pug
e.
(
sinal)
[
reverso]
Dos m
oios
de
viño de Mee
nde.