Sabeam
quantos
esta carta virem que
eu don Pero
Suares
dean d’Ourense
e o cabidoo desse
lugar seendo juntados por
canpaa taniuda enna
costra nova de San Martiño
hu he de custume
de nos juntarmos a
faser
cabidoo, damos a
foro a vos Johan
Martines
morador en Raayro e
a toda vossa vos para
senpre
duas leyras de monte
que
o dito
cabidoo ha en termino
de Çeym enno
lugar que
chaman
o Lagar da Capela
por
tal condiçon
que
chantedes o dito
monte
de vina e lavredes
a dita
vina e paredes
ben en tal meneira
que
non
defalescan por
mingua
de lavor et de boon
paramento
et dedes
a nos o dito
cabidoo en salvo en cadahuun
anno
a quinta
parte
de todo o froyto que
deus y der, a
conposta
na vina e o vino no lagar, por
omme
do dito
cabidoo, ao qual
devedes
aproveer
de comer e de bever cumunalmente
mentre
collerdes
os froytos das ditas
vinas, et seerdes
vasallo do dito
cabidoo servente
et obidiente.
Et se quisserdes
vender ou obligar as ditas
vinas ou parte
delas non
devedes
vender nen
obligar senon
a nos o dito
cabidoo ou a cadahuun
de nos polo justo
preço,
et se a nos ou cadahuun
de nos non
quisermos
reçeber
vendudas ou obligadas que
enton
vendades
ou obliguedes
a atal pesona
que
seia semelavil de
vos e que
nos queramos
reçeber
por foreyro. Et se contenda
recleçer entre
nos e vos ou vossa
vos sobre
rason
das ditas
vinas que
se determine
por
dous omes
boons
de nos o dito
cabidoo tomados a praser
das partes
sen outra
apelaçon
nenhuna.
Et nos obligamos os beens
da nossa mesa para
vos e toda vossa vos seerdes
anparados
senpre
a dereito
con
as ditas
leyras de vinas. Et eu o dito
Johan
Martines
para
lavrar
e parar
ben as ditas
vinas e para
conprir
e aguardar todas estas cousas e cadahuna
delas obligo todos meus beens
gaañados e por gaañar. Feita a carta en Ourense
enno
dito
cabidoo, tres
dias de fevereiro,
era de mill e tresentos
e oyteenta
e dous annos.
Tests.
Martin
Migues
clerigo
do coro, Johan
Garçia
porteiro
do dito
cabidoo, Diego e Gomes
omes
de Johan
Gonçalves
coengo.
Et
eu Affonsso Lourenço
thesoureyro da igleia
d’Ourense
e chanceler dessa
çidade a esto presente
foy e fige ende fazer duas cartas en hun
tenor
et en cadahuna
delas puge o meu sinal na era,
mes, dia e lugar sobreditos.
(sinal)