GMH/ÍNDICE A-Z

310
1351, xullo, 1

sentenza

Tras sentenza arbitral en preito contra Gonzalo Pérez do Mato por unha renda de viño, o escudeiro Lopo Rodríguez de Ourantes, como titor de Xoán Fernández, recibe para este 75 mrs.

ACOu, Escrituras XVII, 4

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Andreu Peres notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar e das testemuyas adeante escriptas, Loppo Rodrigues d’Ourantes escudeiro tutor de Johan Fernandes fillo de Fernando Rodrigues que foy, reçebeu de Gonçalvo Peres do Mato veziño d’Ourense seteenta e çinqo moravedis de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Afonso de dez diñeiros o moravedi, os quaes lle foron dados e contados en presença de min o dito notario e testemuyas sub escriptas. Os quaes moravedis disseron que Johan Sotil et Fernan Anes vogados juizes arvidros que foran entre o dito Gonçalvo Peres da huna parte e o dito Lopo Rodrigues en nome do dito Johan Fernandes cujo tutor he da outra, julgaran per aviinça que o dito Gonçalvo Peres desse ao dito Lopo Rodrigues para o dito Johan Fernandes por razon de huna contenda de juizo que poseran ennos ditos Johan Sotil e Fernan Anes que o livrassen entre eles commo juizes arvidros, a qual contenda dizia que fora entre eles sobre razon da parte que ao dito Johan Fernandes perteençia de tres moyos de viño, que era a sua parte dous puçaes que Gomez Lourenço de Çeleiroon vendera pelo lugar de Meende que he do dito Gonçalvo Peres a Afonso Anes da rua dos Çapateiros. Os quaes moyos o dito Afonso Anes conprara seendo casado con Tereyia Peres avoa que foy do dito Johan Fernandes. Et logo o dito Loppo Rodrigues reçebeu os ditos diñeiros do dito Gonçalvo Peres, et obligou sy e todos seus beens gaañados et por gaañar para faser quite e relevado o dito Gonçalvo Peres e sa voz para senpre, en tal gisa que o dito Johan Fernandes cujo tutor el era nunca en nihuun tenpo demandasse o dito Gonçalvo Peres nen sua voz polos ditos diñeiros. Et outrossy obligou sy e todos seus beens gaañados e por gaañar que o dito Johan Fernandes ouvesse senpre por firme a dita sentença que os ditos ommes boons arvidros deran, et que nunca en nihuun tenpo veesse contra ela en nihuna maneira. Et desto en commo passou o dito Gonçalvo Peres pedio a min notario sobre dito hun publico estormento. Et eu deille ende este, que foy feito en Ourense o primeiro dia de jullo, era de mill e trezentos et oyteenta e nove annos. Testemuyas que presentes foron Johan Lopez escudeiro e Johan Lopes mercador, Garçia Perez morador na Praça e Pero Gonçalves.

Et eu Andreu Peres notario sobre dito que a esto presente foy e en myña presença o fis escripvir e meu sinal y puge que tal he.

(sinal)