GMH/ÍNDICE A-Z

389
1373, decembro, 25 (Traslado do 20 de novembro de 1391)
foro

Álvaro Sánchez, escudeiro, afóralles a Xoán Lourenzo de Pedreira e á súa muller, Mariña Estévez, todo o que el ten aforado do bispo pertencente á igrexa de San Pedro da Mezquita, e os casais de Cedofeita e Folverados, por terza de pan e legume, por San Martiño unha porcalla con tres azumes de viño, 2 mrs. de pan branco e 6 libras, por Entroido un cabrito, 1 mr. de pan branco, dous azumes de viño e un par de capóns, por San Xoán un carneiro, 15 diñeiros de pan branco e dous azumes de viño, e 20 libras por loitosa e partición.

ACOu, Bispo, 12

Sabean quantos esta carta viren commo eu Alvaro Sanches escudeiro morador en Ourense na rua do Pumar, dou e outorgo a foro a vos Johan Lourenço da Pedreira morador enna fregessia de San Fitoyro et a vossa moller que non he presente Mariña Esteves, en vossa vida danbos tan solamente e mais non, toda quanta herdade eu teño aforada do bispo d’Ourense que perteençe aa igleia de San Pedro de Mesquita. Iten vos aforo con esto que sobre dito he o cassar de Çedofeita et o cassar de Folverados, que jazen enna dita freegessia de San Pedro de Mesquita. Aforovos a dita herdade e cassares con todas suas entradas e seydas et con todos seus dereitos, jures e perteenças por tal condiçon que lavredes a dita herdade que perteençe aa dita igleia et todas las outras herdades dos ditos cassares et as paredes ben en tal maneira commo non desfalescan por mingoa de lavor et de boon paramento, et que moredes por vos as cassas que perteençen aa dita herdade da dita igleia, et que dedes ende a min ou a miña voz et a dita vossa moller a terça parte de todo o pan e ligumia que deus der na dita herdade e cassares sobreditos et por dia de San Martiño do mes de novenbro daredes cada anno por dereitura huna porqalla boa e tres açunbres de viño e dous moravedis de pan branco da moeda que correr et seis libras de diñeiros brancos cada anno de que contam pares de diñeiros novees por tres libras ou a estimaçon delles enna moeda que correr, et por dia de entroydo cada anno hun boon cabrito e hun moravedi de pan branco da dita moeda e dous açunbres de viño e hun par de capoens boons, et cada anno por dia de San Iohan Bautista hun boon carneiro e quinse diñeiros de pan branco da dita moeda et dous açunbres de viño. Et daredes a cada huun de nos viinte libras da dita moeda branca por loytossa e partiçon. Et por estes foros e coussas sobre ditas ajades a dita herdade e cassares sobre ditos do al de desemo a deus e livres e quites de todo outro enbargo. Et obrigo todos meus beens gaañados et por gaañar para vos e a dita vossa moller seerdes defessos e anparados a dereito con a dita herdade e casares que vos aforo commo sobre dito he. Et eu o dito Iohan Lourenço que soon presente por min e por la dita miña moller asi o outorgo et reçebo em min a dita erdade e cassares aforadas porla maneira e condiçoes que ditas som, et para as lavrar e parar ben e pagar os ditos foros cada anno sigundo dito he obrigo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto entre nos as ditas partes que qual quer de nos que contra esto que sobre dito he passar e o non conprir e aguardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de pena çen moravedis da boa moeda, et a pena pagada ou non esta carta et aforamento e todo o que en ela he conteyudo valla e fique fyrme no dito tenpo. Feyta a carta en Ourense, domingo viinte e çinqo dias de desenbre, era de mill e quatroçentos et onse annos. Testimoyas que presentes foron Pero Afonso tendeiro e Gonçalvo de Gordom e Domingo de Herminde e Gonçalvo Fernandes e Fernan Lourenço e Martin Migues moradores en Ourense e outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la igleia desse lugar, dado de dom Diego por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense para as cartas et proçessos e escripturas que passaron e foron feytas por Gonçalvo Peres da Fonteyña que foy notario d’Ourense en publica forma tomar, esta carta saquey do resistro e nota do dito Gonçalvo Peres notario, segundo a forma e entençon da dita nota, et em miña presença a fiz escripvyr et meu nome e meu signal aqui fiz en testimoyo de verdade, que foy feyto en Ourense, viinte dias do mes de novenbro do anno do naçemento de nosso salvador Jhesu Cristo de mill ccc xcª i annos. Testimoyas que viron a dita nota e carta onde esta carta foy sacada Pero Lasso e Nuno Gonçalvez escripvano et outros.

(sinal)