GMH/ÍNDICE A-Z

450
1434outubro, 20
O notario Álvaro Cide traspasa a Álvaro González, tamén notario, a metade da renda da alcabala do viño. (fol. 134bv)

Feita e dada.

 (Et despois desto, a XX dias do dito mes, Alvaro Çide notario vesiño d’Ourense, deu et traspasou en Alvaro Çide \Gonçalves/ notario vesiño d’Ourense ameatade da alcavala da dorna da çidade d’Ourense enno preço et contía de mrs. por que el tiña tiña arrendada de Afonso Garçia recadador, et que pagase os ditos mrs. aos praseos e terminos e su as pennas que el estava obrigado, et o dito Alvaro Gonçalves notario asy reçebeu en sy a dita ameatade da dita alcavala dos viño[s] que se venderan a dita dorna en esta çidade deste dito anno, et obrigou sy por sy et por seus beens de dar et pagar a dita ameatade dos ditos mrs. ao dito señor rey e Afonso Garçia e a Fernando Garçia ou a quen seu poder ouver aos praseos e terminos e su as pennas que el estava obrigado etç., sobre lo qual outorgou obrigaçon forte et firme etç. Tests. Estevo labrador e Joan de Pidre clerigo, Afonso Gonçalves escripvan)*.