GMH/ÍNDICE A-Z

46
1302, outubro, 29
preito

Contenda entre o deán e o cabido, por pretender o primeiro que unha ración que el recibía se lle dese ao seu vigairo mentres el “fosse en studio”, ao que se negaba o cabido argumentando que era persoal. O bispo manda que se lle entregue.

ACOu, Escrituras XVII, 39bis

Sabam quantos esta carta virem commo fosse contenda entre Gonçalvo Nunes dayan d’Ourense da una parte et o cabidoo desse meesmo lugar da outra sobre huna raçon que o dean disia que devia aver polo traballo que levava en anparar e en veer as cousas do cabidoo assy commo a el levara atra aqui e levaran os outros deaens que foran ante el. Et el quereria que a dessen en quanto el fosse en studio a Lourenço Eanes seu vigario. Et o cabidoo respondeo que ben era verdade que des tenpo do dayan don Affonso a aca que o cabidoo deu aquela raçon aos deaens que foron por aquela rason sobredita e que a el darlla yan de boamente mentre fosse enna terra assy commo a deran aos outros, mays se se el queria yr para studio ou para outra parte non lla queriam dar a seu vigario, ca nunca lla acustumaron a dar. Et o dean disso que poys el leyxava vigario suffiçiente que traballasse por el ennas cousas do cabidoo assy commo el devia fazer que lla devian a dar. O cabidoo disso que esto por que elles entenderan que polo dayan que era mays onrrado omme do cabidoo podian seer as cousas do cabidoo mellor paradas e mellor enderençadas lle deran esta raçon, que visse as contas do cabidoo e anparasse as suas cousas quanto podesse en quanto el fosse enna terra, mays se el a outra parte fosse que non avian por que lla dar, mays se el queria fazer algo a seu vigario que lle desse daquelo que lle o cabidoo dera ontre Miño e Arnoya. Et o dayan disso que commo el fosse enna possisson desta raçon aver en scolas, que lles pedia que lla non enbargassen, ca ia lla deran a el en studio sen contenda, et ao dayan meestre Pero quando se queria yr para Lisboa non lla enbargavan. Et elles responderon que lla non deran a el en studio nen o dean meestre Pero non lles fesera mençon dela quando se queria yr, pero era ia espidido do bispo e do cabidoo. Et pero o dayan don Pero Rodriguez fora a Roma en serviço da igleia sobrelo daeadigo e estevo alá ben çinco annos que nunca lle deron esta raçon nen a sua coensia, pero leyxou don Pero Parente por seu vigario, nen o dean don Affonso pero foy ao studio non lla deron. Et outrossy disian que pero o dayan don Joan Franco fora en stado de gran fraqueza e en çima de seu tenpo e non podia traballar polo cabidoo assy commo devia e quis fazer seu vigario don Joan Anes seu sobriño que conprisse aquelo que el devia conprir, que o cabidoo que llo non quisera soffrer e que deran ao thesoureyro don Joan Paez terra d’Aguyar por que conprisse aquelo que o dayan devia conprir en aquelas cousas que eran proe do cabidoo, e assy non eran tiudos de a dar a el nen a seu vigario aquela raçon por que estavan en esta possisson dela. Et sobresto se acordaron que fosse o dayan ao bispo por sy e o cabidoo envyou min Bertolameu Perez coengo e cha[n]ç[el]er su escripto por sy e que lle mostrasemos estas rasoens e el que mellor sabya o custume da igleia e sabian ben todas estas cousas commo passaran, que catasse commo desse a cadaun seu dereito. E nos fomos ante el e rasoamos todas estas cousas que aqui van scriptas. Et sobresto eu Bertolameu Peres pidí por merçee ao bispo de parte do cabidoo que os tevesse a seu dereito e lles desse quen os oysse con o dayan e os livrasse commo visse que era dereito. Et o bispo disso que non avya por que fazer aquesto, mays poys que o cabidoo non demostrava algua carta ou algua conpoissiçon ou outra çertudue por que lle non devyan dar aquela raçon ao dayan quando fosse a estudio e el era çerto que des grande tenpo a aca os deans foran senpre en esta possison, que mandava que o dayan ouvesse aquela desenbargadamente aquela raçon, pero se o cabidoo achasse algua ordinaçon ou constituiçon çerta \ou carta/ por que o dayan non devia aver esta raçon estando en studio, que aparellado era de as oyr a todo tenpo e dar a cadaun seu dereito, ca do que disseron do thesoureyro do Joan Paez o bispo disso que aquelo non fora assy, mays que o dean don Joan Franco a dera aquela terra ao thesoureyro don Joan Paez que conprisse aquelo que el devia de conprir, poys que se non pagava o cabidoo de a el dar a don Joan Anes seu sobriño. Depoys desto o cabidoo aiuntado en Ourense assy commo é de custume, eu Bertolameu Peres coengo e chançeler sobredito reconteylles estas cousas assy commo se passaran por ante o bispo. Et o dito dayan demandoulles ao cabidoo sobredito por ante min que lle desse aquela resposta que (...). Et o dito cabidoo respondeu que non queria yr contra voentade do bispo. Et desto o sobredito dayan pedio a min sobredito (...) estormento signado con meu sinal. Et eu a seu pidemento figeo escrivir en miña presença e puge en el meu sinal en testemuyo de verdade. Feyto foy en Ourense xxix dias doytubro, era de mill e cccª quareenta annos. Testemuyas que foron presentes don Ruy Peres arçidiago de Baronçelle, don Johan Gonçalves arçidiago de Limia, Domingo Eanes, Pero Rodriguez Colaço, Pero Rodrigues mayordomo, Joan Eanes, Paulo Vivyaez, Lourenço Eanes coengos.

Et eu Bertholameu Perez coengo e chançeler ia dito a esto foy presente e fige y meu synal que tal é.

(sinal)