GMH/ÍNDICE A-Z

179

1421, agosto, 7.  
O Concello e os vigairos das confrarías ordenan que se paguen as cantidades que se expresan ás persoas que se indican.
Miguel Rodríguez, cambiador, no nome da súa muller require ó Concello que recibise as contas de Juan Raposo, marido que foi da citada Marina, e que fora procurador do Concello.

Sete dias do mes de agosto, este dito dia seendo o conçello e alcalles, regedores e homes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, alcalles e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Juan Ares da Cana, jurados, regedores da dita çidade e Afonso Gonçales Trebollo e Lourenço do Carral, vigarios da confraria dos mercadores e  //
(Fol. 93 vº)
Fernan Bernaldes, vigario da confraria de San Savaschao e Afonso do Rio e Lopo Fernandes, vigarios da confraria dos carniçeros do Vilar e Juan de Figueira o vello, e Afonso do Paaço vigarios da confraria dos pedreiros e carpenteiros e Vasco Peres, procurador da confraria dos correeiros e Juan Dominges de Reys, vigario da confraria dos carniçeiros da carnicaria do Canpo e Gonçalvo Eanes da Moeda Nova e Gonçalvo Eanes do Canpo, vigarios da confraria dos alfayates e en prensença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey, enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas adeante escriptos; enton os ditos alcalles, jurados e regedores e vigarios, diseron que mandavan e mandaron a Ruy Freyre, procurador do dito conçello que presente estava que de quaes morabedis que recabdase por lo dito conçello salvo dos maravedis de renda da çisa que dese e pagase a Pero Afonso, notario da dita çidade viinte e quatro froliins d’ouro que o dito conçello lle devia da confirmaçon dos privilejyos da dita çidade.
Iten que pagase a Vasco de Pilono seteçentos e viinte maravedis, branqua en tres dineiros, que enprestara para o jantar del rey.
Iten que pagase a Afonso Lourenço, raçoeiro de Santiago çento e oyteenta maravedis que avia de aver por la capela de Santa Catalina e reçebese dos sobreditos a quen asi pagase, carta de pago e os ditos vigarios e procuradores das ditas confrarias diseron que en quanto tangia aa paga dos ditos froliins que fosen pagos dos maravedis da dita çisa e en outra maneira que non consintian en tal mandamento e o contradezian e eso mesmo o dito Ruy Freyre diso que pus los ditos vigarios non eran en huun acordo con os ditos jurados, alcalles e regedores que non consentia enno dito mandamento e eso mẽesmo que protestava e protestou de non pagar taes maravedis ata aver e recabdar do dito conçello maravedis alguuns porque podese pagar as taes devedas e as outras que lle mandasen pagar. Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Fernandes da Cana e Juan Gonçalves da Cana e Ares Fernandes mercador, e Juan de Viveiro e Fernan de Pas e Afonso Fernandes, carpenteiros e Vasco o Moço e Juan Martines do Vilar e Gonçalvo Costumeiro e Gonçalvo Ougia e Juan de Ponpelan.

Iten mandaron os ditos alcalles e regidores e vigarios ao dito Ruy Freyre que pagase a Gomes Rodriges, bachiller, os moravedis que avya de aver dos marquos do arçobispo e dos morabedis do ofiçio da vocaçia e acadase del carta de pago e que lle seerian reçebidos en conta. Testemoyas, os sobreditos.- Dado a o bachiller.
Predito. Miguell Rodriges, canbeador, en nome de Marina Afonso sua moller, requireu aos sobreditos conçello, alcalles, jurados e regedores e homes bõos e vigarios que reçebesen a conta que Juan Raposo, marido que foy da dita Marina Afonso e procurador que fora do dito conçello ouvera de dar do que recabdara por o tenpo de seu procuratorio que el era preste de dar a dita conta e os sobreditos, diseron que por quanto eles ouveran dado //
(Fol. 94)
por contador a Ares Chantreiro para que tomase a dita conta do dito Juan Raposo, o qual Ares Chantreiro era absente en casa de noso señor el rey que poynan por contador en seu lugar a Bernaldo Eanes do Camino, canbeador e sobre a dulda que ouvese enna dita conta que lles fose feita relaçon delo para o determinaren. Testemoyas os sobredito. Levou este mandamento Juan Fernandes Abril.
 

Materias

capelán; alcume; alcume; arcebispo; avogado; branca; cámara arcebispal; catedral; confirmación; confraría; conta; contador; débeda; diñeiros; escusador; esposa; familia; fisco; florín; marabedí; nomeamento; ouro; pagamento; privilexio; protesta; recadador; rei; requirimento; rexistro; servizo; sisa; tributo; viaxe; xantar; notaría

Persoas

Afonso do Pazo, vigairo dos carpinteiros; Afonso do Río, vigairo dos carniceiros; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fernández, carpinteiro; Afonso González Trambollo, vigairo dos mercadores; Afonso Lourenzo, racioneiro de Santiago de Compostela; Ares Chantreiro; Ares Fernández, mercador; Bernal Eáns do Camiño, cambiador; Fernando Bernaldes, vigairo de San Sebastián; Fernando de Paz, carpinteiro; Fernando Eáns, notario público; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Gómez Rodríguez, alcalde de Santiago de Compostela; Gonzalo Costumeiro; Gonzalo Eáns da Moeda Nova, vigairo dos xastres; Gonzalo Eáns do Campo, vigairo dos xastres; Gonzalo Uxía; Lope Fernández, vigairo dos carniceiros; Lourenzo do Carral, vigairo dos mercadores; Mariña Afonso; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Martiño Serpe, alcalde de Santiago de Compostela; Miguel Rodríguez, cambiador; Pedro Afonso, notario público; Roi Freire, procurador do concello Santiago de Compostela; Vasco de Piloño; Vasco o Mozo; Vasco Pérez, procurador dos correeiros; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán de Figueira o vello, vigairo dos pedreiros; Xoán de Pompelán; Xoán de Viveiro, carpinteiro; Xoán Domínguez de Reis, vigairo dos carniceiros; Xoán Fernández Abril; Xoán Fernández da Cana; Xoán González da Cana; Xoán Martínez do Vilar; Xoán Raposo, procurador do concello Santiago de Compostela; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Capela dos Reis; Casa da Carnicería; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, igrexa; Capela de Santa Catarina

Lugares

Santiago de Compostela