1355, xaneiro, 4. Lugo
O tesoureiro don Lope Domínguez afóralles a Afonso López, á súa muller e
a un fillo o casal da See, en Santa María de Duancos, por renda anual
de catro terzas de pan mais a obriga de construír unha casa e plantar 20
árbores.
Sabeam
quantos esta carta virem commo eu Lopo Domingues, thesoreyro de Lugo,
vigario geeral de don Diego Ferrnandes, dayan dese lugar, teente a
amiistraçon do mes de setembro no couto de Lugo, con
outorgamento do cabidoo dessa iglesia, avervo a vos Affonso Lopes de
Santa Coomba et a vosa muller, Marina Ferrnandes, por en todos vosos
dias de anbos et de hun voso fillo ou filla qual o pustrimeyro de vos
nomear a tempo de seu finamento o casal de Duacos, chamado da See,
que he da dita amiistraçon, con todas suas pertenenças
et dereyturas, casas, arvores et formaes, a monte et a fonte, peru
quer que vaa, sub signo de Santa Maria de Duacos, a a tal pleito et
vervo que vos et o dito voso fillo ou filla, que y for nomeado,
lavredes et paredes ben as herdades do dito casal et façades
huna casa no formal, ut y suya estar, cuberta de palla et de geestas,
ou de lousa se poderdes, et manteerla en boo estado, et chantardes et
fazerdes y viinte arvores que fiquen pressas, et a casa faserdes-la
ata hun anno primeyro et as arvores ata çinquo annos, se non
que perçades o dito vervo; et avedes a dar, cada anno, de
renda en salvo a o dito dayan, ou a min en seu nome, ou a aquel que
tever a dita amiistraçon, quatro terças de pan do
mellor que ouver na dita herdade posta a semente, as duas partes de
temporao et a terça de serodeo por la teega dereyta de Lugo,
que façan oyto çelamins a teega, et pagardes-lo cada
anno des Santa Maria d’agosto ata kalendas outonas, et non no
pagando asy enviando eu, ou o dito dayan, por el, ou o amiistrador,
ata o dito prazo que este vervo fique nihun querendoo reçeber
eu, ou o dito dayan, ou o amiistrador, et se por el non enviaren ata
o dito prazo et se perder des y endeante por alguna enqueyion sen
vosa culpa, que vos non seiades del tiudo, et se se non perder commo
dito he que seiades teudos de o dardes quando por el enviaren; et do
dia do finamento do pustrimeyro de vos anbos ata hun mes, o voso ou
filla (sic), que no dito vervo for nomeado seia teudo de viir reçeber
este vervo do cabidoo et do amiistrador et dar fiadores que o cumpla
assy, segundo se en el conten, se non que perça o dito vervo.
Et
vos et o dito voso fillo ou filla devedes seer vasalos serventes et
obedientes do dito dayan et amiistradores da dita amiistraçon
et da iglesia de Lugo; et a finamemto de vos anbos non dardes
loytossa a o amiistrador, mays o voso fillo o seu finamento seia
teudo de pagar a loytossa, por vos et por sy, por seus bees et por
los fiadores que der.
Et
a finamento do dito voso fillo ou filla que no dito vervo ficar o
dito casal deve ficar livre et quito a a iglesia de Lugo et a a dita
amiistraçon con a dita cassa feyta et con todos los outros
boos paramentos que y foren feytos.
Et
eu, o dito Affonso Lopes, que estou presente por min et por la dita
minna muller, Marina Ferrnandes, et por lo nosso fillo ou filla que
no dito vervo for nomeado, asy reçebo o dito casal et vervo
del de vos et do dito cabidoo et por las condiçoes sobreditas,
et obligo todos meus beens et seus para comprirmos todas las cousas
sobreditas et cada huna delas, segundo sobreditas son.
Et
nos, o dito thesoreyro, vigario do dayan, amiistrador sobredito, et o
dito cabidoo asi vos-lo outorgamos et por que esto seia çerto
nos las ditas partes rogamos a Fernando Garçia, notario
publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor, huna no
livro do cabidoo et outra a vos, Affonso Lopes, signadas con seu
sinal.
Feytas
eno coro da iglesia cathedral de Lugo, quatro dias de janeyro, era de
mill et treçentos et noveenta et tres annos.
Testemoyas
que foron pressentes et testemoyas (sic): o moyto onrrado senor don
frey Pedro Lopes, obispo de Lugo; don Fernan de Deus, chantres; don
Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia
Diaz, arçidiago de Sarria; don Vaasco Rodrigues, arçidiago
de Deçon; Iohan Dias, Thomas Gomes, Alvar Rodrigues, Diego
Martines, coengos de Lugo; Diego Gomes, Diego Yanes, raçoeyros
de Lugo; Fernan Dias d’Aguiar, Lopo Peres, porteyro do cabidoo.
Et
eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade
do bispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo das partes
sobreditas esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu
sinal en testemoyo de verdade. (+).