1379, febreiro, 28. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Afonso Rei e a dúas voces o horto de Bonas
Agullas, polo que debe pagar anualmente como renda oito marabedís.
Era
de mill et CCCC XVIIe
annos, XXVIIIº dias de fevreyro. Affonso Rey,
ferreyro, aforou do dayan et cabidoo da iglesia de Lugo por sy et por
outras duas perssoas a [...] orto, que he dos aniversarios de Lugo,
que ias a par da leyra do bispo de huna ylarga, et da outra ylarga a
par de Lopo Afonso do Campo; et o orto de Bonas Agullas que he enno
camino que vay por entre los outros ortos de huna parte a dita leyra
do bispo, por oyto [maravedis] cada hun anno por dia de Natal a os
ditos aniversarios. Et o dito dayan et cabidoo asy le outorgaron o
dito foro. Et o dito Afonso Rey asy reçebeu et obligou seus bees et
das ditas persoas para o comprir et pagar.
Testemoyas:
don Gonçalvo Eanes, chantre, vigario do dayan; don Aras Peres,
arçidiago de Deçon; don Tomas Gomes, juys; Diego Gomes, thesoreyro;
Fernando Peres, Afonso Ferrnandes, coengos; Afonso Eanes, raçoeyro
et procurador do dito cabidoo, et outros.
Fernando
Peres, notario de Lugo, fuy presente.