Gonçalvo da Branca, morador en Oseve, na freguesia de San Miguel de Levosende, recoñece que debe a Juan da Caal, mercader de Pontevedra, 300 maravedis que éste lle prestara para labra-la suas viñas. Promete pagalos en viño branco nesta primeira colleita.
(f. 11 v)
Dez dias do dito mes de mayo. Sabean todos que eu Gonçalvo da Branqua, morador en Oseve, da fiigresia de San Migell de Levosende, que soo presente, outorgo et conosco que devo et ey de dar et pagar a vos Juan da Cãal, mercador vesiño da villa de Pontevedra, que sodes presente, treçentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos tresentos maravedis da dita moeda me vos enprestastes por me faser amor et graça et boa obra et para lavrar mias biñas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa boontade, por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder, et renunçio etc. Et se o diser etc. Et os quaes ditos tresentos maravedis da dita moeda vos prometo et outorgo de dar et pagar en viño branco boo et merchante, tanto que en el sejades pago dos ditos maravedis, o qual bos devo de dar et pagar a esta nobidade primeira que ven deste dito ano, por min et por todos meus bees, et so pena do doblo que outorgo de vos dar et pagar por pena et en nome de interese se o asi etc. Et a pena etc. todavia etc. Et eu o dito Juan da Cãal, que soo presente, asi o resçebo. Ts. Lope Dias de Çamora et Vasco Rodrigues de Leeiro, morador ẽna dita fiigresia, et Martiño, criado de min, notario.