GMH/ÍNDICE A-Z

6
1433, abril

Nuño García de Poio, morador en Pontevedra, afora a Juan Fernández, clérigo de San Cristobal de Briallos, por tempo de seis anos, tódalas propiedades que lle pertencen nas freguesias de San Cristobal de Briallos e San Andrés de valiñas.

(f. 5)

Predito. Sabean todos, que eu Nuno Garcia de Poyo, morador ẽna villa (roto), que soo presente et que faço por min et en nome de mĩa moller, me obligo de dar ratificaçon e que ela aja por firme et estauille esto aqui adiante contiudo, senpre en todo tenpo por min et por todos meus bẽes que a elo obligo et so a pena adeante contidua, et que fazo por mĩas vozes et suas aforo eu dou en aforamento a vos Juan Fernandes, clerigo de San Christovoo de Briallos et a vos todalas herdades, casas et casares et chantados et viñas et devesas et arvores et renda de pan et viño et foros et dereituras que eu et a dita mĩa moller avemos et devemos a aver de dereito, en toda a friigresia de San Christovo de Briallos et ẽna fiigresia de Santo Andre de Valiñas por parte e herança de Durança Peres, moller que foi de Pero Yanes da Lagea et do moesteiro de San Domingo da villa de Pontebedra, que teemos aforado, et aforovos todo sobrado con todas suas perteensas et dereituras por min et en nome da dita mĩa moller, como dito he, por tenpo doje este dia ata seys anos conpridos primeiros siguintes, que son seys novidades alçadas et levantadas para que ẽno dito tenpo usedes todo o sobredito et levedes todalas rendas de pan et viño et dereituras et foros delo, segundo que o eu et a dita mĩa moller ata aqui tevemos et usamos et levamos, et que dedes a min et a dita mĩa moller et nosas vozes por renda et conosçemento delo en salvo sen desconto algũu cinquoenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que montan ẽnos ditos seys anos trescentos mrs. da dita moeda, os quaes ditos tresçentos mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et me outorgo por entrego e pago a toda mĩa voontade et renuncio toda exençon que nunca ende diga o contrario et eu et a dita mĩa moller pagarmos o dito moesteiro en cada un ano a pençon et foro que o dito moesteiro de San Domingo ha ẽnas ditas herdades et outros cargos. Et por ende desde oje este dia endeante posades entrar et resçebir todas las ditas herdades et partes delas et os foros et dereituras delas et faser delo o que quiserdes ẽno dito tenpo dos ditos seys anos et seerdes anparado con elo ẽno dito tenpo dos ditos seys anos de todo enbargo por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena de dous mill maravedis de boa moeda que vos peyte, etc. Et eu o dito Juan Fernandes, que soo presente asi o resçebo et outorgo todo como dito he. Mandouse escripvir. Testemoyas: Juan Afonso Gago et Afonso Yanes, notarios da dita villa et Lopes Dias de Çamora et Rui Garcia.

Et despois desto en VI de novenbre que era dia de San Martino, o dito Afonso Yanes, notario, en nome de (ilexible) por lo qual se obligou resçebeu do dito Nuno Garçia este alvãa. Testemoyas Rui onso da Devesa, Juan de Vigo.

Iten, fica condiçon sosegada entre as ditas que viindo o dito Nuno Garçia ou a dita sua vos de San Martino en San Martiño, novidades levantadas, con os mrs. que ficaren por pagar dos ditos tresentos aver suas herdades. Testemoyas, ut supra.