(ff. 35 v-36)
Este dia. Sabean todos que eu Dona Meçia de Andrade, moller que foi de Paay Sorredea, que Deus perdón, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, quero et outorgo que por quanto Tareija Peres, moller que foi de Juan Moogo, tiña de mĩ aforado et me abia de labrar o casal de Bendeiro, que he ẽna fiigresia de Santa Maria de Mourente et, eso mesmo, çertas viñas ẽno couto de Mourente da dita fiigresia, de que me avia de dar çerto pan et viño, et a dita Tareija Peres se finou deste mundo para Deus // et vos Maria Garçia, moller de Pero de Vilanova (roto) da dita Tareija Peres, vos nen o dito boso marido non podedes sosteer nen manter o dito foro, et me rogades et pedides que resçeba mĩas viñas et herdades et casal et faça del mia voontade et vos delo pona livre et quita a vos et ao dito voso marido et bosos bẽes et seus; por ende eu, a dita dona Meçia, de mĩa livre et propia voontade, renunçio et dou por ninhũus quaes quer estromentos de foro ou de outro qualquer abto que me asi tovese feito a dita Tareija Peres et seu marido dela, de que me asi vos a dita Maria Garçia et o dito boso marido fosedes et sejades obligados en quer maneira, et quero que non vallan nen façan fe en juiso nen fora del, et eu os renunçio et dou por ninhũus. Et eu o dito Pero de Vilanova et mĩa moller, que somos presentes, asi o resçebemos, outorgamos, et esto, como dito he, deve ser conprido et agardado entre nos as ditas, partes aa boa fe et sen mao engãno, et por nos et por nosos bẽes et so pena de quinientos mrs. que peite a parte de nos que o asi non conprir et agardar a outra parte ou partes de nos que o asi toveren, conpriren et agardaren; et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Feito o estromento ẽna villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Afonso Peres, carpenteiro, vesiño da dita villa, et Garçia Gonçales, morador en Justães et outros.