GMH/ÍNDICE A-Z

174
1328, decembro, 14
foro

O cabido afóralle a Pedro Iáñez, pintor, morador na rúa Nova, un bacelar en Monte Alegre, coa condición de facer casas e plantar o monte en catro anos, por terza e un capón.

ACOu, Escrituras XVI, 49

Sabeam quan(tos esta) carta viren que nos don Vaasco Peres daean d’Ourense et o cabidoo desse lugar damos a foro a vos Pero Eanes pintador morador en Ourense na rua Nova e a toda vossa voz para senpre o nosso baçelar de Monte Alegre que esta sobrela cortiña da fonte. O qual começa nas casas desse nosso lugar de Monte Alegre e vay ferir con a testeira do monte açima do penedo das Carpaças. O qual baçellar está entre a vina de vos Pero pintador da huna parte e a viña de Johan Çerreda da outra et desta parte desta demarcaçon de Johan Çerreda commo ven ferir ao camyño. Iten vos damos o monte que começa na testeira do dito baçellar commo vay afesto sigundo dito e e commo vay por sobrelas testeiras da viña de Johan Çerreda e da outra que ten (...) topar en huun baçellar de vos Pero pintador e commo vay este monte agua vertente açima dos ditos penedos das Carpaças. Et devedes a faser logo huna casa enno penedo da par da cassa do lagar con curral que tenna a porta no camyno. Aynda vos damos huun soar que está ante as cassas de Johan Maçía que façades y cassa, et dedes dela cada anno por dia de San Martiño huun capon. Damos vos o dito baçellar e monte e soar sobreditos, per tal condiçon que vos e vossos suçessores moredes ou façades morar as ditas cassas e façades en elas escreto para as ditas viñas et o que por nos tever o dito lugar de Monte Alegre possa poussar en elas livremente sigundo lle conprir, et que lavredes e esterquedes e paredes ben o baçellar sobredito e as outras que avedes achantar, en guisa que non defalescan por mingua de lavor e de boon paramento. Et que chantedes de vina o monte sobredito e que tapedes nas testeiras do camyno e outrosi nas testeiras do monte de muro e de valado hu for para tapar, en maneira que non reçeba danno por mingua de tapadura. Et devedes achantar este monte sobredito deste janeiro primeiro que ven a quatro annos conpridos primeiros que se seguiren et chantardes cada anno sen maliçia et começardes a chantar logo en este primeiro anno en guisa que seia todo chantado ata o tenpo sobredito. Et tan ben vos o dito Pero pintador commo vossa vos devedes a dar cada anno a nos en pas e en salvo a terça parte de todas las novydades, froitos e proes que deus y der, as huvas na viña ou o viño no lagar, qual ante quiser o que por nos tever o dito lugar de Monte Alegre et pan na ayra se o lavrardes e os outros froitos nas herdades sigundo que os y ouver. Et devedes acoler os froitos por nosso moordomo, ao qual devedes aproveer de comer e de bever comunalmente mentre coller os ditos froitos. Et vos pagando a dita terça e disemo a deus non seiades teiundo a pagar delles outra carrega a nos nen a outre, et damos volos livres e quites de todo outro enbargo. Et obrigamos nos a deffendervos con elles senpre a dereito. Et outrosi eu o dito Pero pintador obrigo min e todos meus beens gaañados e por gaañar a conprir e agardar estas cousas sobre ditas. Et he posto que se alguna contenda recreçer entre vos o dito Pero pintador ou vossos suçessores e o dito cabidoo ou o rendeiro que o por nos tever que se termii por dous homes boons coengos desse cabidoo tomados de prazer das partes sen outra appellaçon. Et se quiserdes vender ou obrigar que vendades ou obriguedes ante ao dito cabidoo polo justo preço ca outre, et se o o cabidoo non quiser que enton vendades ou obriguedes a atal pessona que seia semelavil de vos por que o cabidoo aia os seus dereitos. Et devedes a seer obediente ao dito cabidoo e non tomar contra el outro señorio. Et non devedes a faser manda nen aniversario dos ditos herdamentos nen sobre elles a ninhun lugar salvo aa igleia d’Ourense se quiserdes. Et este herdamento que se non esmyuçe e ande senpre en duas voses e non en mays. Et se vos o dito Pero pintador ou vossa vos non chantardes sen maliçia aquelo que e por chantar dos ditos montes sigundo dito he que o cabidoo possa reçeber o seu con todas suas benfeytorias et que seia outrosi aguardado sen maliçia. Feyta a carta en Ourense, quatorse dias de desenbro, era de mill et tresentos e sesseenta e seys annos. Tests. Johan Giraldes, Martin Fernandes, Affonso Lourenço coengos, Martin Domingues dobreiro.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença duas cartas partidas por .a.b.c. fige escrivir e en caduna delas puge este meu sinal en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] litera capituli.