GMH/ÍNDICE A-Z

241

maio, 11

Martín Calvo, veciño de Seixalbo, empeña en Fernando Xiráldez un terzo da uva de media leira de viña por unha débeda de 300 mrs., polo que descontará 5 mrs. anuais. (fols. 79v-80)

Feita e dada. Carta de Fernando Giraldes, pagadas X brancas.

Sabean quantos esta carta de e viren como eu, Martin Calvo, vesiño e morador enna aldea de Seixalvo, conosco et outorgo que devo et ajo de dar et pagar a vos, Fernan Giraldes, morador en Seoane das Antas, tresentos mrs. de moeda vella contando branca en tres dños., dos quaes ditos tresentos mrs. me dou por pago et renunçio etç. por los quaes ditos tresentos mrs. se o dito Martin Calvo deyto en prendas et enpenou a sua ameatade da leyra de viña de Penna Caneyra que esta enna aldea de Seixalvo, a qual dita viña lle enpenou con estas condiçoens, que o dito Martin Calvo que labre et pare ben a dita leira de viña por sua custa et que da novydade que deus en ela der pagado o disemo e senorio, que da outra que Fernan Giraldes que aja hun terço da dita novidade et o dito Martin Calvo os dous terços \e que partan a dita novidade logo na viña por los çestos, hun çesto Fernando Giraldes e dous Martin Calvo e non lo dando na viña que lle page por cada çesto hun moyo de lagar/ et desconte de cada hun anno çinqo mrs. da dita moeda, et dando o dito Martin Calvo seus mrs. ao dito Fernando Giraldes de janeiro a janeiro, que o dito Fernando Giraldes que os tome e que lle leixe sua viña e non los dando que a teña e desconte de cada anno os ditos çinqo .- da dita moeda et asy de cada anno ata que lle page seus mrs. etç., para o qual o dito Martin Calvo obrigou sy e todos seus beens de lavrar et parar ben e dar o dito terço da dita novidade en pas e en salvo ao dito Fernando Giraldes, pagado ( fol. 79v)
o senorio foro e disemo et parado porlos ditos çestos, hun çesto o dito Fernando Giraldes e os dous o dito Martin Calvo et non los dando logo na viña que lle page de cada çesto dubas hun moyo de lagar, et de lle faser saao et de paz, para o qual obrigou a sy et a todos seus beens movelles et reyses, avidos e por aver et o dito Fernando Giraldes obrigou seus beens de descontar os ditos çinqo .- de cada anno e de o teer asy, penna dosentos mrs. etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Joan Fernandes vesiño de Santiago et Pero Vasques da Rua dos Çapateiros e Joan do Bouteiro. Feita en este dito dia.