GMH/ÍNDICE A-Z

H25
1435, decembro, 12
Por demanda do notario Afonso de Mende e Diego López, fieis da alcabala do viño, o xuíz outorga un prazo a Xoán García para que presente conta de certa venda e pague o que corresponda. (fol. 9)

Afonso de Meende.

A XII dias do dito mes (do)* Afonso de Meende notario e Diego Lopes, fiees do viño, demandaron a Joan Garçia que vendera X moyos de viño a dorna e que los mandasen pagar, et o dito Joan Garçia feso juramento que non vendera mays VIII moyos de lagar a Gonçalvo Yanes e que non vendera mays e que non fesera aynda conta, e como llo contase Gonçalvo Yanes que asy era prestes de o pagar. E o dito mestre Fernando juis diso que lle mandava por sentença que doje a terçeiro dia primeiro sigente lle dese conta con pago e non lla dando que lle pagase os ditos VIII moyos de viño alcavala delles a rason de LXXX.- o moyo e con as custas et as partes consentiron. Tests. Afonso Fernandes e Alvaro Çide notarios, Ares de Doade.