GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

968
1419, agosto, 11. Lugo

Don Xoán Ruíz, como vigairo do bispo de Lugo, afóralles a Fernán Pérez e a dúas voces dous casais na freguesía de San Xullao do Campo, por renda anual da terceira parte do gran, oito marabedís por foros, máis unha porca, un touciño, un par de galiñas e catro marabedís por servicios.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/4, per. orix., galego, cortesá, 306 x 260 mm.
       

Sabean quantos esta carta viren como eu don Johan Royz, bacheller en decretos, arçidiago de Grado en a iglesia d’Ovedo, provisor et vigario geeral en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por poder que eu para esto ey do dito senor Obispo, por quanto entendo que he serviço do dito senor Obispo et prol de sua messa obispal, et porque vos Pedro Ferrnandes, clerigo de San Miguell de Vilela que he en a alfos de Chantada, me mostrastes hun foro que fiso Obispo, don frey Pedro Lopes, a Fernan Caao, voso padre, do casal chamado de Carril et a Carreyra que he sub signo de San Jullao do Canpo, que he en o dito alfos de Chantada, o qual durava por vosa vida et de outra persona, et porque sodes clerigo et non podedes labrar o dito casal por vos, et disedes que non podedes achar quen o labre por rason que ha en el gran perda, et o queriades demitir; et por tal que o dito casal non se vaa a monte nen a campo, et as casas del esten feitas et reparadas, por ende aforo et dou aforo et vervo a vos Fernan Peres, fillo de Pedro Ferrnandes, natural d’Outeiro, o dito casal chamado do Carril et a Carreira, con todas suas casas et erdades et arvores et formaes et entradas et seydas et froytos et rendas et dereituras, a montes et a fontes, por u quer que vaan sub o dito signo, por toda vossa vida de vos, o dito Fernan Peres, et por vida de outras duas personas pus vos, a primeira persona pus vos seia quen vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, et se non for nomeada que seia quen herdar vosos bees, et a pustrimeira persona que seia quen nomear aquela persona que asi por vos for nomeada; a a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas que reparedes as casas do dito casal do que lles feser mester, et labredes ou façades labrar todas as herdades do dito casal, et mantenades as ditas casas et herdades do dito casal en boo estado et paramento en guissa que se non pergan con mingoa de boo paramento, et que dedes de foro et çenso, a o dito senor Obispo, por lo dito casal, vos et as ditas personas pus vos, ho terço de toda graa que Deus der en as herdades do dito casal que vieer a teega en cada ano, posta et tirada primeiramente a semente, en pas et en salvo a o dito senor Obispo et seus suçesores, a o colledor ou rendeiro que por lo bispo de Lugo andar en o couto de Castelo d’Asma; et mays que dedes por foros de froyta et nabos et vino et orto oyto moravedis de moneda vella que correr por moravedi vello de mercador a mercador; et por serviço huna boa marraa por San Martino, et hun touçino sen maliçia, et hun par de galinas, et quatro moravedis da dita moneda por Natal de cada ano; et que seiades vasalos serventes et obedientes vos et as ditas personas do dito senor Obispo et de seus suçesores; et vos et as ditas personas pus vos, ou os que lavraren o dito casal, an de seer defesos et anparados de todas monedas et peytos et pididos et outros tributos que veeren en o dito tempo, segundo que o foren os outros caseiros et serviçaes do dito senor Obispo et sua iglesia. Et a finamento da pustrimeira persona que o dito casal et erdades fiquen libres et quitos et ben reparadas a o dito senor Obispo et seus suçesores con todos los boos paramentos que en el foren feitos.

Et eu o dito Pedro Ferrnandes, clerigo que presente estou, por lo dito Fernan Peres, meu sobrino, que non esta presente, asy o reçebo o dito foro do dito casal de vos, o dito vigario, para o dito Fernan Peres, et para as ditas personas pus el, et obrigo meus bees et do dito Fernan Peres et personas de o atender et comprir todo asy segundo que se aqui conten. Et eu, o dito vigario, asy vos lo dou et outorgo. Et porque seia çerto mandey delo dar esta carta firmada de meu nome et selada de seelo do dito senor Obispo.

Que foy feyta en Lugo, honse dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Alvar Lopes de Reçemil, et Rodrigo Ares de Mera, escudeiros, et outros.

Visto por el senor Obispo, don Alvaro Osorio, mando que vala et que le non den la semiente en el contenida.
Pedro Fernandes, notario.

Johanes, archidiaconus de Grado, vicarius lucensis.

Diego Martines, notario.