GMH/ÍNDICE A-Z

336
1356, ..., 28
doazón

O escudeiro Estevo Iáñez de Ambía, o cidadán Roi Lourenzo, o mercador Pedro de Sode e o notario Martín Iáñez doan en casamento a Roi Martínez de Santo Eusebio, fillo do dito notario, con Maior de Sode, as tres cuartas partes dunha casa na Cruz do Ferreiros e outros bens.

ACOu, Escrituras XIII, 42

Sabean quantos esta carta viren commo nos Estevan Yanes d’Anbia escudeiro e Ruy Lourenço çidadao d’Ourense et Pero de Sode mercador e Eynes Rodrigues sua moller con seu outorgamento, et eu Martin Anes notario de Bubal, por nos e por todas nosas vozes para senpre, de nosos prazeres e de nosas boas propias e livres voontades, damos e outorgamos en casamento e en pura doaçon firme e estavele e valedeira para senpre a vos Roy Martines de Santo Seveo, fillo de Martin Anes notario, con Moor de Sode sobriña de min o dito Pero Yanes et aa dita Moor de Sode en casamento e doaçon convosco o dito Roy Martines e a todas vosas vozes (...) estes beens e cousas que se seguem, cada huun de nos en esta maneira: eu o dito Pero Yanes e Eynes Rodrigues miña moller damos e outorgamos a vos a (...) de Sode en doaçon e en casamento con o dito Roy Martines as tres quartas de huna casa con seu sobrado que nos avemos en Ourense na Crus dos Ferreiros que estan a par de (...) casas de Iohan de Santome, as quaes son nosas propias, livres e quites sen outro trebuto alguun que as ajades para senpre. Et mais prometemos e outorgamos de vos dar e pagar trezentos mrs. tanto que tomedes pousada. Et outrosy que vistamos a vos a dita Moor de Sode quando ouverdes de casar de huun pelote e hun çerame de boon pano chaao. Et mais que vos d(...) huna cuba de dez moyos de lagar. Et eu o dito Roy Lourenço dou e outorgo en casamento e en pura doaçon para senpre a vos o dito Roy Martines con a dita Moor de Sode a meatade da viña do Mollon, a qual viña vos e Gonçalvo Yanes Borraio agora de (...) teendes. Et vos que a lavredes e paredes ben e façades cada anno foro de sesta obra de San Martiño e disemo a deus. Et do al que a ajades livre e quite de todo outro (...) alguun. Et outrosy eu o dito Roy Lourenço prometo e outorgo de pagar por miña custa a meatade da despesa e custa que se feser en conprir (...). Et os dereitos e prol e gaança que deus y der que a levedes e aidades toda vos os ditos Roy Martines e Moor de Sode. Et eu o dito Estevan Yanes (...) doaçon e en casamento a vos o dito Roy Martines con a dita Moor de Sode para senpre onze livras de brancos que eu ey daver cada anno por huna ca(sa ...) crus de Çenteo en que ora mora Fernan Peres ... ou o foro da viña que de min ten Roy da Silva, qual vos ante quiserdes. Et (...) os ditos foros que vos outros quiserdes que vos (...)cudan con el daqui endeante cada ano para senpre asy commo a min ou a m(...) e outorgo de vos dar quando quiserdes (...)ton e hun jubon novos. Et eu o dito Martin Anes notario prometo e outorgo de dar (...) meu fillo tresentos mrs. de diñeiros brancos (...) esta maneira: os çento e çinqoeenta mrs. do dia que fezerdes voda con a dita Moor (...) conprido primeiro siguente, et os outros çento (...) mrs. do dia da dita voda ata hun anno conprido primeiro que se seguir. Et (...)hun de nos por nos e por todas nosas vozes (...) asy prometemos e outorgamos todo esto sigundo e enna maneira (...) obligamos todos nosos beens avidos e por aver para vos anparar e defender senpre a dereito con estas cousas sobre ditas e con ca(...)as que vos damos en casamento e en doaçon. Et para vos las fazer saas e de pas a todo tenpo. Et para vos pagar os ditos mrs. aos (...) huun deles. Et demais prometemos e outorgamos que nunca por nos nen por outre vos revoquemos nen posamos (...) ditas que vos damos commo dito he aynda que contra nos sejades ingratos en alguna daquelas cousas por que (...). Et de mais por esta presente carta tiramos e partimos e removemos de nos e de toda nosa vos (...) auçon que nos e cada hun de nos avemos e nos perteensçen nas cousas sobre ditas e en cada huna (...) ditos Roy Martines e Moor de Sode e en toda vosa voz para senpre. Et que usedes delas e de cada huna (...) livre voontade asy commo de vosa cousa propia. Et renunçiamos que nunca por nos nen por outre (...) tenpo nen en nihuna maneira en juiso nen fora del. Feita a carta en Ourense, viinte e oyto dias (...) mill e trezentos e noveenta e quatro annos. Testemunyas que a esto presentes foron Lourenço Yanes d(...) Afonso e Johan Lourenço yrmao do dito Roy Lourenço et outros.

Et eu Afonso Peres (...) que a esto presente foy con as ditas testemunyas et esta carta que ende dey ao dito Ruy Martines (...) aqui fis em testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)