GMH/ÍNDICE A-Z

496
1397, maio, 28 (Brosende)
foro

Xoán de Nóvoa, con licenza da súa muller dona Leonor, afóralles a dúas voces a Xoán Afonso e á primeira muller con que case o lugar de Astariz por cuarta e 3 libras.

ACOu, Escrituras XXIV, 233

Sabean quantos esta carta viren commo eu Johan de Novoa fillo de Iohan Peres de Novoa et de dona Elvira (...) perdone, con outorgamento de mina muller dona Lionor que he presente et outorgante, dou et outorgo a foro a vos Iohan Afonso morador en Vide que sodes presente et aa primeira muller con que casardes et a duas voses apus morte do pustromeiro de vos que seian nomeadas, et non seendo nomeadas que seia vos o que de dereito herdar os outros vosos beens, conven a saber o meu lugar que eu ey enna friguesia de Santa Maria d’Astaris de riba de (...) seus soares de casas et herdades et arvores et cortinas et entradas et seydas e dereitos et perteesças (...) quer que vaan sigundo que esta marcado et partido sobre sy, a atal pleito et su tal condiçon que o lavredes et paredes bem commo se non percan as novidades del con myngoa de lavor et de bon paramento et que chantedes vina cavadura de des homes se y ouver hu, et non avendo y hu que chantedes de vina cavadura doyto homes, ata quatro annos primeiros siguentes, et a mantenades outrosy commo se non perca con mingoa de lavor, et que dedes vos et vosas voses a min et a minas enno dito tenpo quarta parte de todo o pan et vino que deus y der por meu home, ao qual avedes de proveer de comer e de beber cumunalmente en quanto reçeber o meu quinon, et por chousa et por lo al que deus y der daredes cada anno vos et as ditas voses por dereitura tres libras de dineiros brancos desta moeda que agora corre de des dineiros o mor. ou a estimaçon deles enna moeda que polo tenpo correr por dia de Santo Andre. Et do al que ajades o dito lugar livre e quite doutro enbargo. Et para con esto seerdes enparados et defesos a dereito obligo meus beens. Et eu o dito Iohan Afonso que soo presente asy reçebo de vos o dito Johan de Novoa o dito lugar porla maneira et condiçoens que mo aforades, et para o lavrar et parar bem et conprir et agardar todas estas condiçoens et cada huna delas et pagar cada anno os ditos oyto mor. sigundo dito he obligo todos meus beens. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto pasar que peyte aa outra parte que enelo quiser estar por nome de penna çen mor. da dita moeda et aa vos del rey outros tantos, et a dita penna pagada ou non esta carta fique firme et valla em seu tenpo. Feyta a carta en Brosende, viinte e oyto dias de mayo, anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et tresentos et noveenta et sete annos. Tests. que a esto foron presentes Alvaro d’Agiar e Iohan de Couges, Pero Vasques de Puga, Domingo Yanes escudeiros do dito Iohan de Novoa et outros.

Et eu Martin Afonso notario em terra d’Agiar por lo arçobispo de Santiago et por la igleia dese lugar que a esto que dito he presente foy et o escrivi et meu nome et signal y fis en test. de verdade que tal he.

(sinal)