Luís de Cabreira, pronto a levar do tambo á súa muller, entrégalle en dote media casa na rúa das Chousas e media viña. (fol. 43)
A moller de Loys de Cabreira.
Domingo XXIX dias de abril, en Ourense enna Rayra, ennas casas que foron de Gonçalvo Lyon, sendo y en tanbo (- - -) sua esposa et estando para a levar do tanboo, diso que dava et deu en doaçon e dote et aras de seu corpo ameatade da casa da Rua das Chousas et ameatade da viña de Seixo, as quaes diso que lle dava con os foros que an ao senorio, et do al de disemo a deus para senpre, das quaes diso que lle fasia doaçon et llas dava en dote et arras de seu corpo etç. et logo todo jur, dereito que avya, pona et dava en ela etç., prometia de non pasar contra elo sopena de çen frolliins etç., carta forte et firme et etç. Tests. Vasco Gomes, Joan Cortydo et Martin do Cabo rejedores, Nuno d’Ousende, Afonso Peres abade da Triindade. (fol. 43)