GMH/ÍNDICE A-Z

289
1347, decembro, 13 (Prexigueiró)
venda

Ares Gómez e Xoán Fernández, escudeiros, no seu nome e da súa irmá e primos, véndenlle a Lopo Rodríguez de Sabadelle o lugar de Alvelliña, na freguesía de Santa Cristina de Vilariño, por 110 libras.

ACOu, Escrituras X, 50

Sabeam quantos esta carta viren que nos Aras Gomes e Johan Fernandes anbos yrmaaos escudeyros, fillos de Gomez Anes de Selle escudeyro que foy e de Tereyia Rodrigues, por nos e por nossa yrmaa Aldara Gomez e por Fernand Aras e por sua yrmaaa Thereyia Rodrigues fillos de Rodrigo Aras de Fornea e de Moor Peres sua moller e nossos primos que non som presentes e por os quaes obrigamos todos nosos beens gaañados e por gaañar para os chegar a outorga desta carta et por todas nossas voses e suas, vendemos e logo entregamos por esta presente carta para senpre a vos Loppo Rodrigues escudeiro de terra d’Aguiar e a toda vossa vos para senpre todo o foro e dereito e voz e auçon e senorio que nos e estes sobre ditos Aldara Gomes e Fernand Aras e Tereyia Rodriguez meus primos perteençe e perteençer deve de dereito enno lugar de Alvelliña e en suas perteenças, o qual lugar iaz na friguesia de Santa Cristina de Vilariño, o qual lugar agora ten afforado Johan Perez de Parada vendemosvos esto que sobre dito he assi que vos e toda vosa voz aiades e pesuyades de cada anno para senpre todo aquelo que nos os sobre ditos pelo dito lugar avemos daver, que outorgamos e connoçemos que somos ben pagados en presença deste notario e tests. adeante scritas de todo o preço que a nos e a vos aprouvo de nos por elo dardes, conven a saber çento e dez libras de brancos da moeda de (noso señor el rey) don Affonso contados qoreenta par de diñeiros por tres libras. Et logo todo jur, senorio, voz, auçon, propiadade e dereito que nos e os ditos Fernand Aras e Tereyia Rodrigues e Aldara Gomes avemos e nos perteençe e perteençer deve de dereito enno dito lugar d’Alvelliña e suas perteenças todo o tollemos e removemos de nos e deles e de todas nossas vozes e suas e poemolo todo en vos e en toda vossa voz para senpre, et metemosvos logo enna corporal posisson deles por esta presente carta. Et se mellor he ou mays val esto que vos vendemos en noso nome e dos sobre ditos Aldara Gomes e Fernand Aras e Tereyia Rodrigues ca este preço que nos vos por elo dades, damosvolo e doamos en doaçon para senpre asi commo doaçon mellor e mais firme pode seer e mays valer de dereito. Et obrigamos todos nossos beens gaanados e por gaanar para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con esto que vos vendemos. Et quen quer asi da nosa parte ou da estraya que vos contra esta carta e venda veeer en parte ou en todo aia a yra de deus e a nossa maldiçon et peyte e vos ou a vossa voz por nomme de pena çem mrs. da boa moeda, et a pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Sam Salvador de Prexegeyroo, treze dias de dezenbro, era de mill e tresentos e oyteenta e çinco annos. Testemuyas que foron presentes Roy Gonçalves fillo de Gonçalvo Martines dito Pereyras morador en Ourense, Johan Vasques escudeyro, Fernan Fernandes do Regueiro moradores en Agiar, Afonso Domingues omme do dito Johan Fernandes.

Et logo en este dia e por estas tests. en presença de min notario, Costança Garçia moller de Johan Paez de Sam Johan das Lamas con outorgamento do dito seu marido que era presente e outorgante obrigou todos seus beens gaañados e por gaañar tan ben de foro commo de dizimo a deus ao dito Loppo Rodrigues para el ser anparado senpre a dereito con este que lle os ditos Johan Fernandes e Aras Gomes venderon por si e polos ditos Aldara Gomes e Fernand Aras e Tereija Rodrigues se sobresta razon ouvesse alguun enbargo. Et renunçiou que nunca por si nen por outre contra esto veesse nen desesse delo o contrario en juizo nen fora del. Et se contra elo veessse outorgou que pagasse ao dito Lopo Rodrigues ou a sua voz por nomme de pena viinte mrs. da boa moeda.

Et eu Garçia Affonso notario publico en terra d’Aguiar por nosso señor o arçibispo e igleia de Santiago que a esto que sobre dito he presente foy e en miña presença o fis escripvir e foy feyta a dita paga das ditas çento e dez libras e meu synal y fis que tal he en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta do lugar de Alveliña que’stá na friguesia de Santa Cristina.