GMH/ÍNDICE A-Z

848
1382, xaneiro, 22. Lugo
Pedro Afonso, en presenza do notario, recoñece a súa obriga ao pagamento de trinta soldos anuais pola súa casa da Zapataría aos aniversarios da igrexa lucense.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 95r.

Era de mill et quatroçentos et vinte annos, viinte et dous dias de janeyro.

Em Lugo en presença de min Pedro Afonso, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, et das testemoyas subscriptas, Pedro Afonso, mercador, morador enna rua de Vermun Sanches, confesou et diso presente Garçia Rodrigues, procurador dos aniversarios da iglesia de Lugo, que avia de aver et levar os ditos aniversarios triinta soldos desta moneda que ora corre, quatro dineyros brancos por cada tres soldos, en cada hun anno por la sua casa que esta ena Çapataria açerca da Carniçaria de Lugo, et do outro cabo esta huna casa de Lopo Afonso do Campo con que parte, et do outro cabo esta huna casa de Fernando Martines, çapateyro; a qual casa el dera en casamento a sua filla, Constança Peres.

Et eu, o dito Garçia Rodrigues, pidio dello testemoyo.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Ferrnandes de Sonnar; Affonso Ferrnandes, clerigo do coro; Pedro Esteves, carniçeyro; Afonso Peres de Villachaa, et outros.

Et eu Pedro Affonso, notario sobredito, a esto presente foy con as ditas testemoyas et a pidimento do dito Garçia Rodrigues esta carta en mina presença fiz escrivir et aqui puje meu signal en testemoyo de verdade que he tal.