GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

241
1340, abril, 19
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Xoán Lourenzo, zapateiro, e á súa muller, María Iáñez, unha viña e monte na Cuíña, coa condición de plantar viña no monte en cinco anos, por cuarta.

ACOu, Escrituras XX, 114

Sabean quantos esta carta virem que eu Affonsso Lourenço tesoureiro e vigario de dom Pero Suarez dean d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados por canpaan tanguda enna costra nova de Sam Martiño hu he de custume de se o dito cabidoo juntar, damos a foro a vos Johan Lourenço çapateyro morador en Ourense enna rua dos Çapateyros e a vossa moller Maria Eanes que non he presente e a toda vossa vos para senpre huna leyra de vina e de monte que esta enna Coyña ontre outra vina de Pero Esteveez clerigo do coro da huna parte e outra vina de Fenan Rosete da outra e en çima topa enna vina que ten Françisco Peres e en fondo fer en huna seara do cabidoo e en outras vinas da cappela de Santa Ouffemea. Damos vos a foro a dita leyra de vina e de monte con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças assy que vos e a dita vossa moller e toda vossa vos a tenades e pessuyades e chantedes o dito monte hu for por chantar ata çinqo annos primeiros que veen, et lavredes a dita vina e paredes ben en maneyra que non deffalesca por mingua de lavor nen por mao paramento, et façades dela foro de quarta a nos o dito cabidoo ou ao que tever a nossa renda de Seixalvo do vino e da conposta que deus y der e diçimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo. Et se vos ou a dita vossa moller ou vossa vos quiserdes vender a dita vina ou obligar, primeiramente a devedes vender ou obligar a nos ou a cada huun de nos ca a outre polo justo preço et se a nos non quisermos reçeber vendida ou obligada enton a vendede ou obligade a atal pessona que seia semellavil de vos e que nos ela queyramos reçeber por foreyro. Et se contenda reclezer entre nos e vos sobre razon da dita vina que se determine por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a prazer das partes sen outra apelaçon ninhuna. Et nos obligamos os beens da nossa messa do dito cabidoo para vos e a dita vossa moller e toda vossa vos seerdes anparados con a dita vina senpre a dereito. Et eu o dito Johan Lourenço assy reçebo a dita vina a foro e para chantar o dito monte hu for para chantar e para lavrar a dita vina e parar ben e para conprir e aguardar todo esto que sobre dito he por min e pola dita miña moller que non he presente e por toda nossa vos obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Feyta a carta en Ourense enno dito cabidoo, des e nove dias dabril, era de mill e tresentos e seteenta e oyto annos. Tests. Gonçalvo Rella dobleiro, Johan Garçia porteiro do cabidoo, Gonçalvo Peres notario e Fernan Eanes esqueyreyro.

Et eu Affonsso Lourenço thesoureyro da igleia d’Ourense e chançeler dessa çidade a esto presente foy e esta carta fiz escrivir partida por .a.b.c. na qual puge meu sinal que tal e.

(sinal)