GMH/ÍNDICE A-Z

296

xuño, 22

Os notarios Xoán Paz, Álvaro Afonso e Lopo Pérez avéñense, a requirimento do vigairo do bispo, a pasar os testamentos ante o chanceler. (fol. 93v)

Joan Paas, Lopo Peres, Alvaro Afonso.

Et despois desto, martes viinte et dous dias do mes de juyo, en Ourense, enna igleia de San Martiño, audiençia da terça, ante Martin Sanches abade, Joan Paas e Alvaro Afonso e Lopo Peres notarios responderon perante o dito vigario a carta munytoria que avya dado contra os notarios a pedimento de Afonso Yanes bachiller e que lle respondian que eran prestes de lle dar copia de todos los testamentos que por elles avian pasado e el que apremease as partes que os sacasen, et outrosy que os que des fesesen e desen signados que os non darian a partes ata que os levase ao dito chançeller que os signase, con tanto que as partes ou o dito chançeller que lle os contentase et que eso lle respondian a dita carta etç. Tests. Pero Carneiro coengo e os sobre ditos. ( fol. 93v)