GMH/ÍNDICE A-Z

414
1434s/d

Testamento de Mariña da Vila, veciña de Ourense, no que deixa diñeiro, roupa, cubas e viño a varios beneficiarios, entre os que constan as confrarías do Corpo Santo, de Santa Eufemia e de Santa María Madre, o ermitán de Santa María de Reza, o hospital da Rúa Nova e a obra da Ponte. (fols. 125-126v)

Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren como eu, Mariña da Vila, muller que foy de Gonçalvo da Vila, vesiña e moradeira enna çibdade d’Ourense, jasendo doente enno meu corpo de doença natural qual deus tevo por ben tevo por ben de me dar, pero con todo o meu siso e entendemento conprido e temendome de morte, que he cousa natural por que todos los homes do mundo han de pasar, et por tal que despois de meu finamento non aja contenda ontre alguns sobre meus beens, e miña fasenda fique ordenada como conprir a salvamento de miña alma, por ende faço e hordeno de min e de meus beens meu testamento e miña postrumeira valedeira para senpre en esta maneira. Primeiramente mando e dou a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo, señor deus padre verdadeiro, que a conprou e remyu porlo seu santo sangre, justo, preçioso, et rogo e por merçede aa sua madre virgen Santa Maria con todoslos santos e santas da gloria do parayso que lle queran por min rogar que me quera perdoar os meus pecados que ataa aqui hey feitos e des aqui (fol. 124v)

endyante me garde de faser outros e me aja remymento a miña alma e a leve a sua santa gloria do parayso. Iten mando enterrar o meu corpo pecador dentro enno çimyterio da cabstra do San Martiño onde o dito meu marido e meus fillos. Iten mando que leven comygo en oferta huun par de pescadas e des brancas de pan triigo e huna cabaaça de viño, e se for dia de carne que leven quatro mrs. de carne. Iten mando que me digan por miña alma tres salterios, dous enna casa e hun sobre la cova. Iten mando aos clerigos do coro da igleia d’Ourense triinta mrs. e eles que me digan huna vigilia e huna misa cantada e rogen a deus deus por miña alma. Iten mando aos benefiçiados da egleia d’Ourense a miña cuba que leva oyto cargas de viño e eles que me digan huna vegilia e huna misa cantada e rogen a deus por miña alma. Iten mando aos frades do mosteiro de San Françisco d’Ourense viinte mrs. que me digan huna misa e huna vegilia e rogen a deus por miña alma. Iten mando Aldonça, filla de Biryngela Lopes e de Afonso Peres notario, (fol. 125)

dous cabeçaas de pruma. Iten mando a Elvira Ares o meu pano de cabeça. Iten mando que as miñas touqas que se de cabeça \que seen enna teçedeira que he Tereija de Chantada/ que se vendan para conprir este meu testamento. Iten mando que os botoons que de min ten Constança Afonso, muller de Pero de Roças, que os vendan e se den por miña alma e cunplan por elo esto que eu mando. Iten mando a confraria do Corpo Santo des mrs. Iten man[do] a confraria de Santa Oufemea quatro mrs. e outros quatro mrs. a de Santa Maria a Madre e eles que me veñan onrar sobre miña sepultura con os çirios. Iten mando para obra de Santa Maria de Reça outros quatro mrs. Iten mando a Joan Peres, yrmytan de Santa Maria de Reça, huna camisa do panno que teño e do que sobejar que me façan huna camisa en que me deyten. Iten mando a miña yrmaa Dominga Lourença toda a miña roupa de vestyr. Iten mando ao espital da Rua Nova huun cabeçal. Iten mando que as miñas casas en que eu moro, que estan enna Rua Nova, que nos tiinamos ficaron de Gonçalvo do Cabalo \a min e ao dito meu marido/ mando que as vendan e se den por miña alma e daqueles \a/ que eu soon tiuda. Iten mando que os o todos los outros meus bens mobles e reyses que aqui mandados non hey (fol. 125v)
mando que os vendan todos e se cunplan por eles este meu testamento e esto que eu mando e o mays que remanesçer que o den por miña alma e de aqueles a que soon tiuda. Iten mando para obra da ponte d’Ourense quatro çinqo quatro mrs. Iten mando

(- - -)

Et faço por conpridores deste meu testamento a Biringela Lopes, muller de Lopo de Deça e Ares Gonçalves canonigo enna egleia d’Ourense e a Pero Afonso correeyro vesiño da dita çibdade, aos quaes rogo que cunplan este meu testamento porlo meu e sen seu dapno, et mando a cada huun por seu afan triinta mrs. etç.

Et aparto todoslos outros parentes e parentas en çinqo soldos e que a mays de meus beens non se tendan quanto por rason de erença. Et este dou e outorgo por meu (fol. 126)

testamento e por miña postromeira voontade valedeira para senpre e se outro testamento ou testamentos ajo feitos, revocoos e doos todos por nyhuuns e que non vallan, salvo este que faço por Alvaro Afonso notario da çibdade d’Ourense, que dou e outorgo por meu testamento e miña postromeira vontade valedeira para senpre, e qual quer da miña parte como da estranna etç. Penna çen mrs. tres mill mrs.

Et estas son as devedas que eu devo. Primeyramente devo aos frades do mosteiro de San Françisco d’Ourense des e oyto mrs. e seys dños. Iten devo do pedido tres mrs.

Feito et outorgado foy este dito testamento porla dita Mariña da Vyla enna çidade d’Ourense, qatorse dias do mes de setenbro do dito anno. Tests. que foron presentes, chamados et rogados, Pero Afonso correeyro et Rodrigo Yanes clerigo capelan de Santa Maria a Madre et Roy Martines çapateiro et Rodrigo Fernandes et Joan do Bouteiro escripvaans criados de min o dito notario et Joan criado de Pero de Rocas et Gonçalvo lavrador.

Alvaro Afonso notario [sinatura] (fol. 126v)