GMH/ÍNDICE A-Z

H32
1435, decembro, 13
Os irmáns Gómez Iáñez e Rodrigo do Muíño, moradores en Ceboliño, venden ao cóengo Gómez Iáñez dous pardiñeiros sitos nese lugar por 120 mrs. (fol. 12-12v)
Sabean quantos esta carta de venda viren como nos Gomes Yanes e Rodrigo do Muyno, moradores enna aldea de Çebolyno /anbos yrmaaos\ fillos de Lourenço Yanes, vendemos firmemente por nos e por todas nosas voses de disemo a deus para senpre et logo por esta presente carta entregamos a vos Gomes Yanes, canonigo enna iglesia d’Ourense, et a todas vosas voses de disemo a deus para senpre, conben a saber que vos vendemos dous pardeiros que jasen enna dita aldea de Çebolino en Fondo de Vyla et parten de huna das partes con orta de Pero Yanes e da outra parte con (o camiño que)* o camiño que entra para as casas de Gonçalvo labrador et en fondo topa en outro noso soar et ten as portas enno camiño publico que vay d’Ourense para Lamella, vendemos vos os ditos dous pardeiros con todas suas entradas etç., ca conoscemos e outorgamos que reçebemos de vos todo o preço que a vos e a nos aprouvo de nos por elles de conpra dardes, conben a saber çento e viinte mrs. branca en tres dños. de que nos damos et outorgamos de vos por entregos e ben pagados et renunçiamos etç. et se mays val da- (fol. 12)
moslos en pura doaçon por moytas boas obras et graças e ajudas etç. et logo todo jur, dereito, senorio, posyson etç. et por esta presente carta vos poemos enna posyson et obrigamos nosos beens de vos los faser saaos et de paz etç., penna dosentos mrs. etç. et he posto condiçon que vos o dito Gomes Yanes canonigo que posades alargar os ditos dous soares para çima contra a rua dous cobados. Tests. Nuno Patino notario et Joan do Bouteiro e Pero criado de min o dito notario. Feito XIII dias de desenbro.