GMH/ÍNDICE A-Z

61

xaneiro, 25

Ante o xuíz Lois González, a muller de Rodrigo Afonso de Touro, aínda que segundo ela non debía máis que 6 mrs., “por non contender en juiso” avense a pagar a Afonso do Cabo 12 mrs. da alcabala do pan que lle demandaba. (fol. 20)

Rodrigo Afonso e sua moller.

En este día ante Loys Gonçalves juis, a moller Rodrigo Afonso de Touro diso por ante o dito juis que a demanda que lle posera Afonso do Cabo sobre la alcavala do pan que ela que lle non devia mays de VI .- vellos, pero por non contender en juiso que era prestes de lle pagar dose mrs. e do al que lle non devia mays e en rason do outro pan que lle demandava de seu yrmaao que lle non devía cousa nehuna delo e que demandase a seu yrmaao se vise que lle conpria, que ela do dito pan que lle non devia alcavala nenhuna e que lle negava todo al que lle fasia por juiso, negando suas estimaçoens et protestaçoens e o dito juis diso que o oya. Tests. Lopo de Deça, Alvaro Afonso, Gomes Ares, Fernando, criados do dito juis.