1380, decembro, 10. Lugo
Xoán de Lovea, clérigo do coro de Lugo, comprométese a saldar a débeda correspondente á igrexa de San Lourenzo de Albeiros.
Era
de mill et quatroçentos et des et oyto annos, des dias de desembre.
En
Lugo en presença de min Alvaro Peres, notario publico de Lugo por lo
sennor obispo dese lugar, et das testemoyas subscriptas presentes
Affonso Eanes, procurador do cabidoo da iglesia cathedral de Sancta
Maria de Lugo, et Garçia Rodrigues, rendeyro dos aniverssarios da
dita iglesia, Johan de Lovea, clerigo do coro de Lugo, conffessou et
disso que a iglesia de San Lourenço d’Alveyros, que he da iglesia
de Lugo, de que el he clerigo ha y ben quareenta annos que devya a os
aniversarios da iglesia de Lugo viinte et quatro maravedis, de des
dineyros cada moravedi, de cada anno et que estos moravedis pagara
senpre [...] fora clerigo da dita iglesia de San Lourenço d’Alveyros
a o procurador dos aniverssarios, et feço por seu juramento a os
santos avangelios et polas ordees que el reçebera que pagara os
ditos viinte et quatro moravedis de cada anno desque fora clerigo da
dita iglesia a o procurador dos ditos aniversarios; et os ditos
Affonso Eanes et Garçia Rodrigues pediron desto testemoyo.
Testemoyas
que foron presentes: Johan Peres et Roy Domingues, coyteleyros, et
Pero Affonso, moradores en Lugo; et Pero Ferrnandes de Rabade, et
outros.
Et
eu Alvaro Peres, notario publico sobredito, a esto que sobredito he
presente foy con as ditas testemoyas et aqui puge meu nome et signal
en testemoyo de verdade.