431
1434setembro, 21
Álvaro Pérez, en nome do abade de Montederramo,
solicita a Rodrigo Afonso, vigairo, prazo para presentar unha escritura,
posto que estaban ocupados na vendima. (fol. 131)
Alvaro Peres notario e Joan Salgado.
En este día, enna Rua dos Çapateiros, ante o dito Rodrigo Afonso vigario, paresçeu o dito Alvaro Peres en nome do dito abade de Monte de Ramo et o dito Joan Salgado por sy et pediron praseo conventual e ferias, por quanto era vendimia et eran ocupados et o dito vigario deulles praseo doje a terçeiro a quinse dias primeiros sigentes e ao dito termino que lle desen a escriptura et el faria aquelo que con dereito devese. Tests. Garçia Dias de Cadorniga et (- - -) coengo de Junqueira et Loys criado do dito Rodrigo Afonso. (fol. 131)