GMH/ÍNDICE A-Z

E2-7
1435, abril, 2
Por defunción do recadador do portádego da Ponte, Afonso Sánchez de Coca, e a petición do recadador real, Iudá Pérez, o Concello destitúe nas súas funcións a Pedro de Piñor, que o cobraba en nome do dito recadador, e apréstase a nomear outro interinamente. (fols. 4v-5)
(E despoys desto, enna dita çidade d’Ourense)* Portalgo da ponte.
E despoys desto, sabado, dous dias do mes de abril do dito anno de triinta e çinqo annos, a ponte d’Ourense, enno lugar onde chaman o Terron, en presença de min o notario et tests. de juso escriptas, presentes y Afonso Anriques et Pero Fernandes juises d’Ourense, en presença de min o dito Alvaro Afonso notario et tests. de juso escriptas, outrosy estando y presente Pero de Pyñor tirador et recadador do portalgo do castelo d’Alva da pasageen da ponte d’Ourense, logo os ditos juises diseron que por rason que Afonso Sanches de Coqua era pasado deste mundo presente et tina et colía en nomme de noso señor el rey o dito portal do dito (dita ponte perteesçe)* castelo d’Alva et o dito Pero de Pyñor en seu nomme, sobre lo qual Yuda Peres recadador do obispo d’Ourense et outras personas en seu nomme tomaran contra elles testemuyo que poys o dito Afonso Sanches era finado que posesen o dito portalgo en maaos et poder de fieldade de alguna boa persona que o collese para o dito señor rey ata que a sua merçed proveese quen no devia de aver et remediase sobre elo, por ende que elles que fasian tira del ao dito Pero de Pyñor colledor do dito Afonso Sanches et que lle mandavan que lles entregase os diñeiros que oje este dito día avya rendado et des aqui en deante nose entrometese deo mays coller nen recadar sopenna etç. Et o dito (fol. 4v)
Pero de Pyñor diso que doje este día que lles non dava nen quería dar de conta salvo triinta pares de brancas que oje este día avya rendido e diso que non rendera mays. Et os ditos Pero Fernandes e Afonso Anriques reçeberon en sy os ditos XXX.- de brancas, et mandaron logo a (- - -) criado do dito Pero Fernandes que parase mentes enno dito portalgo ata que elles posesen quen o devese de coller. Tests. Alvaro Castellaao, Joan Fernandes clerigo, Rodrigo escripvan et Alvaro criado de Afonso Anriques.