O Concello confirma a Afonso Ares na posesión dunhas
casas sitas a par de Santa María Madre e ordena á inquilina, Tareixa
Iáñez, que lle pague o alugueiro, Aceptado o pago entréganlle as chaves
que previamente lle colleran. (fol. 7-7v)
Asentamento das casas do conçello que foron de Rodrigo Alvares.
Anno sobre dito, dia quarta feira, XXVI dias do mes de abril, en Ourense a sobre Santa Maria a Madre, Afonso Anriques et Pero Fernandes juises d’Ourense asentaron e feseron aseentamento Afonso Ares, procurador do conçello da dita çidade, ennas sobre ditas casas do dito Rodrigo Alvares, de baixo e de çima, que estan a sobre Santa Maria a Madre junto con outras que foron de Pero de Syabal, confirmando et retificando ho outro asentamento que era feito das ditas casas a Pascoal Rodrigues en nomme do dito conçello, et tomaron as chaves das ditas casas a Tareija Yanes trapeira e entregaron nas ao dito Afonso Ares e çarraron (fol. 7)
as portas das ditas casas e encorporaron en elas ao dito Afonso Ares, e que defendian a persona nehuna que o non tirase da dita posison sopenna etç., et que mandavan et defendeyan a dita Tareija Anes que non recudise con os alugueiros delas senon ao dito procurador en nomme do dito conçello, et a dita Tareija Anes asy o fycou et reçebeu logo as chaves do dito procurador et ficou delas dar cada e quando que las demandasen e o dito alugueiro que devian etç. Tests. Meen Suares, Alvaro carniçeiro, Alvaro Çide notarios, Alvaro Onrado.