GMH/ÍNDICE A-Z

812
1379, decembro, 20. Lugo

Arias Pérez, xuíz de Lugo, afóralle a Pedro Fernández e a dúas voces un casal en Paredes, por renda anual dunha terza de pan e a obriga de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 102r.

Era de mill et quatroçentos et des et sete annos, viinte dias de desenbro.

Commo eu Aras Peres, juyz de Lugo, de outorgamento et liçençia de don Johan Afonso, dayan dese lugar, et das outras persoas et coengos desa iglesia que son presentes et outorgantes, aforo a vos Pedro Fernandes das Camoyras por en toda vosa vida et de duas persoas, a huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que vos nomeardes, o casal que ias en Paredes, que he deste meu julgado, con suas casas et dereyturas et pertenenças, a a tal condiçon que vos o dito Pedro Fernandes et as ditas persoas lavredes et paredes ben o dito lugar et façades y huna casa et a cubradas de lousa, et que dedes de cada anno de foro dela huna terça de pan, vos et as persoas que depus vos veeren, a quen tever o julgado. Et a voso finamento et das ditas persoas que fique o dito lugar a o dito julgado con a dita casa feyta, livres et quitas con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Fernandes, por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito foro de vos, lo dito juys, et obligome de o comprir asy en todo commo dito he.

Testemoyas: o dito dayan; et don Gonçalvo Eanes, chantres; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Ares, arçidiago de Neyra; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes, Fernan Peres, Afonso Fernandes, Diego Lopes, Ruy Lopes, coengos; et Afonso Eanes, et Jacome Fernandes, et Johan Garçia, raçoeyros da dita iglesia de Lugo.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et fis scripvir esta carta et aqui puge meu signal.