GMH/ÍNDICE A-Z

89

febreiro, 8

Tereixa González, moradora na Praza do Campo, por si e pola súa filla María González, vende a Pedro Carneiro, xastre, a cuarta parte dunha leira de viña, por 75 mrs. e o foro correspondente a Afonso Gómez de Allariz. (fol. 29-29v)

Pero Carneiro. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Tereija Gonçalves, moradeira enno Canpo, por min e en nome de miña filla Maria Gonçalves, vendo firmemente e logo por esta presente carta entrego a vos Pero Carneiro alfayate e a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos vendo a quarta parte de huna leyra de viña que jaz enno Outeiro (fol. 29)
da Vella, a qual jaz ontre anbalas congostras et en fondo fere con viña de Afonso Gomes da Rabeenda, e da outra parte con viña de Alvaro de Santome e de Martin Cansado; vendo vosla por preço de seteenta et çinqo mrs. branca en tres dños., dos quaes me dou por paga \+/ etç. e se mays val dou vosla en pura doaçon etç. e logo todo jur, dereito etç. e por esta presente carta vos poño enna posison etç. e obrigo vos todos meus beens de vosla faser saa e de paz e de vos defender con ela a dereito e de faser con a dita Maria Gonçalves miña filla que consenta enna dita venda et eso meesmo de faser con Afonso Gomes de vos reçeber por foreiro et de consenter enna dita venda etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Afonso Fernandes, Rodrigo de Coyras, Estevo Yanes alfayates, et he posto condiçon que pagen as vendas e alcavalas de por medeo + por tal condiçon que pagedes a penson Afonso Gomes d’Allaris que ha de aver porla dita leyra de viña e do al vendo vosla de disemo a deus.