Dous
dias por andar de abril, era de mill et CCC XLII annos. Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Lopo Peres de Neyra con minna
moller Mayor Eanes quitamonos a vos Pedro Fernandez dyto Greynon, da
meatade de quanta erdade et voz nos aviiamos de vos comprado et de
vossa moller enno cassal d'Eldonça Eres que e en Neyra, con
todas suas dereyturas et pertenenças peru quer que vaa su
signo de Santa Maria de Neyra, et su signo de Santa Ouffemea de
Villar Moesteyro, por duzentos et viinte moravedis da moneda branca
que mandou façer el rey don Fernando, dos quaes resebiemos de
vos en dyneiros feytos de que nos
outorgamos
por ben pagados, et des oie este dya a tyramos de nosso iur et de
nosso poder et a metemos enno vosso, et renuçamos toda
eyçeison et todo dereyto que nos contra ella ouvessemos que a
nos non preste en iuyço nen fora de iuyço, nen a vos
non enpeesca en nenunna maneira. Et mays outorgamos que se veer en
verdade que nos desta erdade deste cassal sobredito en nehun lugar,
peru quer que ella vaa, vendemos ou sopinoramos ou enalleamos en
nenunna maneira dos que a de vos compramos cuio es, aqui outorgamos
de a lyvrarmos sempre a dereyto pelo al que ouvermos salvo de Nuno
Alvares et de Orraca Viviaes. Et porque isto seia çerto et non
venna en dulta rogamos a Fernan Peres, notario publico del rey enna
Pobla de San Jullao, que vos desse ende esta carta et possesse en
ella seu sinal.
Testemoyas:
Afonso Pelaes de Neyra et Iohan Peres de Paredes, clerigo; et Iohan
Iohannes de Neyra et Rodrigo Ferrnandes de \Villa/ Sante, et Areas
Peres do Castro de Sant Andre.
Eu
Fernan Peres, notario sobredito, foy presente et por rogo dos
sobreditos Lopo Peres et sua moller fis esta carta et pus en ella meu
sinal en testemoyo de verdade.
SIGNO
Era
de mill et CCC XLII annos, dous dias por andar de abril. Conosçuda
coussa seia a quantos esta carta viren commo eu Pedro Fernandes dyto
Greynon de Pallares, vendo a vos Nuno Alvares et a vossa moller
Orraca Vivyaes de todo o cassal Delçaeres que e en Neyra et en
San Jullao, da unna sessma del a sessma, et da una quarta et mea
d'outra sessma a sesma, con todas suas dereyturas et pertenenças,
a montes et a fontes, peru quer que a possades achar, su signo de
Santa Maria de Neyra et de Santa Euffemea de Villar Moesteyro, assi
igleriario commo leigario, a qual erdade et vos eu y aio per voz de
meu padre Fernan Iohannes; et reçebi de vos preso por esta
venzon duçentos et viinte moravedis a oyto en soldos cada
moravedi da moneda branca que mandou faser el rey don Fernando, dos
quaes me outorgo por ben pagado et outorgovos anparar con esta venson
a todo tenpo per min et per todas minnas boces.
Testemoyas:
Lopo Peres de Neyra et Affonso Peláez et Iohan Iohannes et
Iohan Peres de Paredes, clerigo.
Et
eu Fernan Peres notario publico del rey na Pobla de San Jullao foy
presente et por rogo das partes fis esta carta et pus en ella meu
sinal en testemoyo de verdade.
SIGNO