26
1417, febreiro, 18.
Domingo Longo, servente do Concello, recoñece ter pregoado a orde sobre a venda do aceite.
Dez et oyto do mes de fevereiro. sabean todos que en presença de min Ruis Martines, notario publico da çidade de Santiago et das testemoyas adeante escriptas, pareçeu Domingo Longo, servente do conçello da dita çibdade et diso que el por mandado de Fernando Aras Xarpa et de Pero Yanes Abraldes, justiças enna dita çibdade pregoara altas voses por las praças desta çidade estas cousas que se sigen: “Mandan diser os alcalles jurados et homes bõos da çidade de Santiago que todos aqueles que vende et venderen aseite enna dita çibdade que doje a oyto dias vãa marquar as medidas todas porque venderen o aseite a casa de Juan Gonçalves, oulives, que ten as medidas marquadas dereitas que ordenou o conçello por que se vendan os ditos aseites et que des aqui endeate nihũu non seseja tiudo de medir aseite salvo por las ditas medidas dereitas marquadas por lo dito Juan Golçalves et aquel que o vender por outras medidas que non sejan marquadas que page por cada ves que os acharen sesenta maravedis para os alcalles et para os muros do dito conçello”. Testemoyas que foron presentes a este fe que o dito Domingo Longo dou Alonso Peres et Fernan Montesiño, escrivanos.