GMH/ÍNDICE A-Z

10
1433, abril, 19

Juan de Deus, toneleiro, veciño de Pontevedra, e o seu irman Gonçalvo de Montes, labrador, venden a Fernan Vidal, morador en Soveral, no couto de Soutomayor, tódolos bens que lle corresponden por herdanza da sua tía María de Veiga, nas freguesías de San Salvador de Soutomayor e Santa María da Insoa, por precio de 200 mrs.

(f. 7)
Dez et nove dias do dito mes de abril. Sabean todos que eu Juan de Deus, toneiro, visiño da villa de Pontevedra et Gonçalvo de Montes, labrador, morador ẽna fiigresia de Santa Marina de Bora, yrmão do dito Juan de Deus, que somos presentes, et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, non constregudos por força nen por engaño resçebidos mas de nosa libre et propia voontade vendemos et firmemente outorgamos por jur de herdade para todo sempre vos Fernan Vidal, morador ẽno Soveral que he ẽno couto do Soutomayor, que sodes presente, et a vosa moller Tareia Fernandes et todas vosas vozes et suas, todas las herdades, casas, casares et chantados et devesas et bouças que a nos perteençen de aver herdar por herança de Maria de Veiga, nosa tia, ẽnas figresias de San Salvador de Soutomayor et de Santa Maria de Insoa. Et en esta venda non entra a herdade que disen que foi mandada aa dita igllesia de Santa Marina para saberemos como et en que maneira a ouve. Et vendemos, como dito he, as ditas herdades con todas suas entradas et seydas et perteeças et dereituras ondequer que vãa a montes et a fontes, conven a saber, por contia de dosentos mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que de vos resçebemos en presença deste notario et testemoyas que nos outorgamos etc... et se mas val etc. et todo jur etc. anparar etc. pena o doblo. Et eu o dito Fernando Vidal, que soo presente et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes asi os resçebo. Testemoyas: Afonso Suares, caldereiro, et Gonçalvo Fernandes de Casal de Rey et Juan do Rego.

Feita.