Mariña Eanes véndelle ao clérigo Pedro Fernández toda a súa herdade en Santo Estevo de Trasulfe por 300 marabedís.
Saban
quantos esta carta viren commo Maryna Eanes, filla que foy de Iohan
Domingues de Trastulffe, con outorgamento de meu marido, Iohan Eanes,
que esta presente et outorgate, por min et por toda mina vos a vos,
Pedro Ferrnandes, clerigo de Santiago d’Entrambas Aguas, et a toda
vosa vos, vendo firmemente toda quanta herdade et vos eu aio por por
(sic) parte do dito meu padre, Iohan Domingues de Trastulffe, sub
syno de Santo Estevoo de Trastulffe, a monte et a fonte, peru quer
que vaa con todos seus dereytos et pertenenças. Et reçebi de vos en
preço por esta vençon sobredita, treçentos maravedis da moneda del
rey don Affonso, de que me eu logo outorgo por ben pagada, et por ben
entrega, et oie este dia tiro a min, a dita Marina Eanes, do iur et
da posison da dita herdade et meto en el a vos o dito Pedro
Ferrnandes, clerigo, et a toda vosa vos. Et se algen da mina parte ou
da estraya [esta sobredita] vençon quiser embargar ou demandar, aia
a mia maldiçon et a de Deus poderoso, et peyte a vos a dita herdade
en doblo. Et eu por min et por todos meus bees que aio obligo de vos
amparar con esta vençon a todo tempo.
Feyta
a carta XVIIIº dias d’outubro, era de mill et CCC LXX VIIº annos.
Testemoyas:
Vaasco Rodrigues [...] Roy Peres, viçino de Lugo; Gomes (O resto
ilexible). (+).