GMH/ÍNDICE A-Z

526
1349, febreiro, 28. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Diego López e á súa muller e a unha voz o casal da Ponte, en Santa Mariña e Santa María de Quintá, por 250 marabedís anuais de renda, e deben, ademais, construír tres casas de pedra e dous lagares.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 60v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados por campaa taniuda commo avemos de husso et de custume de nos iuntarmos a cabidoo, damos et outorgamos afforo et avervo a vos, Diego Lopes de Somoça, et a vossa muller, dona Tareyia, et a huna pessoa qual nomear o pustrimeyro de vos en sua vida para esto, o nosso cassal chamado da Ponte, que he sub signos de Santa Marina et de Santa Maria de Quintaa, con todas suas pertenenças et dereyturas, segundo o vos ora tragiades, a a tal rason conven a saber que façades lavrar et parar ben, et que façades y tres cassas de pedra et de madeyra et cubertas, et dous lagares, en estes primeiros dous annos, et estas cassas et lagares han a seer feitas a a boa fe et sen maliçia, a vista do amystrador do mes de junyo, que as ha de veer por nos; et avedes-nos a dar mays por renda do dito cassal, dusentos et çinquenta moravedis desta moneda del rey dom Affonso, a oyto soldos o moravedi, ou a valia delles, en pas et en salvo na villa de Lugo, cada anno, a meatade por dia de Natal et a outra meatade por dia de Pascoa seguentese, sen outra condiçon et exçepçon ninhuna, sub pea das custas que posta (sic) rason reçebessemos, et non nos pagando assy a dita quantia que nos diades por nome de pena et pustura tres moravedis, cada dia, quantos dias pasaren dello praso endeante, et a pena se y creçer que nos la paguedes ante que o cabo. Et outrosy aquella pessoa que vos para este vervo nomeardes, ou a dita vossa muller, que o vena pidir a nos, o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo, ennos primeiros triinta dias que os ouver a entrar, et o dayam et cabidoo que llo outorguen, et non o querendo el assy viir demandar et pidir a dita pessoa que para esto for nomeada que dellos XXXta dias endeante pasados nos, o dayan et cabidoo sobreditos, possamos reçeber o dito vervo en nos et ussemos del et darmo-lo a quen for nossa voontade. Et outroossy este vervo comprido, commo dito he, este cassal ha de ficar livre et quito de vos, o dito Diego Lopes, et de vossa muller et de vossa voz con as cassas et lagares sobreditos; et outrossy con tantas cubas feitas de madeira et saas que leven seteenta moyos de vinno que han de ficar no dito cassal, et con todos los outros boos paramentos que y foren feitos a nos et a a iglesia de Lugo.

Et eu, o dito Diego Lopes, por min et por la dita minna muller, et por la pessoa que para esto for nomeada, assy reçebo este vervo et foro de vos, os ditos dayam et cabidoo, et obligo todos meus beens, movilles et reyz, para teer este vervo et comprir estas cousas sobreditas et pagar a dita renda en commo sobredito he, et sobre todo esto meto-me sub a iurdiçon ecclesiastica da iglesia de Lugo, que vos ou outren en vosso lugar me possades por ella ou por meu foro demadar, ou peru a vos mays aprouver, que de min et de meus beens possades mays agina aver comprimento de dereito, et recudir a vossa escomonyon et sentença se en min for posta sobresta rason, et non me chamar a outro foro nen a outro sennorio nihun. Et prometo a a boa fe de non yr contra \esto/ por min nen por outren en iuyso nen fora del.

Et por que esto seia çerto nos, estas partes sobreditas, rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende escrivir duas cartas en hun thenor a huna no livro do cabidoo et a outra para min, o dito Diego Lopes, et pona en cada huna dellas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade.

Feita XXVIIIº dias de frebeiro, era de mill et CCC LXXX VIIe annos.

Testemoyas: dom Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, mestrescolla; Iohan Dias, Lopo Domingues, Thomas Gomes, coengos de \Lugo/; Iohan de Lovea, Gonçalvo Peres, coengos dos aniverssarios da dita iglesia de Lugo; Rodrigo Eanes, sobrinno do dito thesoreyro; Alvar Ferrnandes de Villar et Alvar Dias de Moesteyro, escudeyros.

Et eu Ferrnando Peres, sobredito publico notario de noso sennor el rey, que a esto presente foy et a dita carta a rogo das ditas partes fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.