foro
O cabido afóralles a dúas voces a Estevo Míguez e á súa muller, María Martínez, dous casais en San Fiz (freguesía de San Mamede de Puga) por terza de pan, viño, liño e legume, 10 mrs. por cada un deles, dous capóns, 8 celamíns de trigo, 16 de eirádigo (medio vereizo e medio ceveira) e unha carrada de fachas.
Sabeam quantos esta carta virem que nos o cabidoo da igleia d’Ourense afforamos a vos Estevoo Migues e a vosa moller Maria Martines em toda vossa vida danbos e a vossos fillos e a vosos netos dous casares que nos o dito cabidoo avemos em Sam Fiis enna friigrisia de Sam Mamede de Puga, os quaes casares vos agora lavrades. Afforamos vos os ditos casares per tan condiçon que vos que os lavredes e paredes bem em maneyra que non defalescan per mingoa de lavor e de boon paramento e façades as casas e as mantenades, et dedes terça de pam e de viño e de lyno e de lygumea que deus y der, conven a saber o pam no çelleiro de Puga e o viño no lagar per nosso moordomo, o qual avedes aproveer cumunalmente de comer e de beber mentre se coller o pam e o viño desses casares, et dardes cada anno em dia de Sam Martino por dereytura des mor. de brancos de cadahuun destes casares da moeda del rey dom Affonso contados xvi pares de diñeiros brancos por tres mor. et dous capoens et oyto çiramis de trigo et des e seys çiramis deyradigo, meo vereyço e meo çeveyra, et dardes outrosy cada anno huna carrada de fachas destes dous casares. Et andarem estes dous casares em duas pessonas e non em mays. Et vos e as ditas vossas voses seerdes vassalos serventes e obidientes do dito cabidoo, et non tomardes outro señorio sobre los ditos casares senon o do cabidoo d’Ourense. Et se alguna contenda recreçer ontre vos e o dito cabidoo sobre los ditos casares que se termii per dous omes boons do dito cabidoo tomados de praser das partes, toda appellaçon removuda. Et non avedes a criar criado dome fillo dalgo nos ditos casares nen devedes aponer anyversario perlos ditos casares nen per parte delles, salvo ao cabidoo d’Ourense. Et se vender ou supinorar quiserdes os ditos casares ou parte delles que ante vendades ou supinoredes ao cabidoo d’Ourense ca outre polo justo preço, et se o cabidoo d’Ourense ou alguun dos do cabidoo non quiser conprar ou reçeber obrigado que enton vendades ou supinoredes a atal pessona que seia semellavil de vos, pero que non seia cavaleyro nen escudeyro nen donna nen home poderoso nen fillo dalgo nen home dordem nen religiosa pessona nen servo nen moordomo dome poderoso, mays seia pessona semallavil de vos que cunpra e page e aguarde todas estas cousas sobre ditas e cada huna dellas que vos sodes tiudos a pagar e conprir e aguardar. Et se per non poder ou per nyglyiençia o lavor dos ditos casares for perdudo ou alguna destas cousas sobreditas non forem aguardadas e vos amoestados commo dereyto manda e non quiserdes enmendar ou correger que o cabidoo d’Ourense per sua outoridade per seu moordomo ou per seu omme possa entrar e tomar os ditos casares assy commo os achar e reçeber los para o dito cabidoo. Et outorgamos que seiades anparados a dereyto enno dito tenpo con nos ditos casares perlos beens da mesa do dito cabidoo. Et eu Estevoo Migues por min e polla dita myña moller Maria Martines que non he presente e por las ditas nossas voses para lavrar os ditos casares commo dito he e para pagar e conprir e aguardar todas estas cousas sobre ditas e cada huna dellas obrigo ao dito cabidoo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Feyta a carta em Ourense enno dito lugar hu se acustumou a ajuntar o cabidoo, tres dias dagosto, era de mill e tresentos e seteenta annos. Testemuyas que a esto foron presentes Pero Lourenço, Domingo Eanes, Johan Guiça clerigos do coro da igleia d’Ourense et Gonçalvo Eanes reytor da igleia de Sam Payo d’Alvam.
Et eu Affonso Lourenço de Ourense publico notario por autoridade do papa a esto presente foy e esta carta fiz escrivir e meu sinal y puge en testemuyo de verdade.
(sinal)