GMH/ÍNDICE A-Z

233
1338, setembro, 22
foro

Domingo Iáñez, capelán de Santa Eufemia, afóralles a perpetuidade a Xoán Iáñez e a Pedro Iáñez, pintor, unha casa e lagar na rúa da Fonte do Bispo por 5 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 6

Sabeam quantos esta carta vyrem que eu Domingo Yanes cappellan de Santa Eufemia dou a foro a vos Johan Yanes e Pero Yanes pintador moradores en Ourense na rua Nova para senpre huna casa con seu lagar que eu hey na rua da Fonte do Bispo eno camiño que vay para Porto Carreyro, a qual casa eu conprey da universssidade dos clerigos da igleia d’Ourense, et demarca a dita casa da huna parte con casas que foron de Elvira Arias de parte de çima que tem ora Bartholomeu Peres mestrescola de Mindonedo e entesta na cortiña que ten Estevaon Yanes çidadao d’Ourense danbas as outras partes e ten as portas na rua publica, assy que vos e toda vossa voç ajades e pessuyades a dita casa e lagar para senpre, et que dedes a myn ou a myña voç de cada hun anno para senpre por dia de San Martiño do mes de novenbro çinqo libras de brancos da moneda de nosso señor el rey dom Alfonsso. Et eu o dito Domingo Yanes aforo vos a dita casa livre e quita de todo outro enbargo, sacado de fumagen se o hy ouer, et sy pella ventura vos os ditos Johan Yanes e Pero Yanes ou vossa voç quiserdes vender a dita casa e lagar que a vendades a myn ou a myna voç pollo justo preço ante que a outro ninhun. Et sy a eu ou myna voç non a quisermos conprar enton que vendades a dita casa e lagar a tal pessona que seia semillavil de vos assy que eu ou myna voç aiamos nosso foro en paç e en salvo. Et nos os ditos Johan Yanes e Pero Yanes reçebemos assy a dita casa e lagar con todas as condiçoens sobre ditas, et para pagar o dito foro e conprir e agardar todo quanto sobre dito he obligamos todos nossos beens moviles e rayses gaañados e por gaañar. Et desto en commo passou as ditas partes pidiron a myn notario que lles desse ende señas cartas feitas en huun tenor. Esto foy en Ourense, vente dous dias de setenbro, era de mil e ccclxxvi annos. Tests. que presentes foron Johan Yanes, Estevaon Yanes clerigos do coro, Pero das Pias, Garcia Fernandes de Postomarcos. Et eu Ruy Fernandes notario publico da çidade d’Ourense pollo bispo e polla igleia desse lugar a esto presente foy e esta carta escrivi e meu synal y puge que tal he.

(sinal)