GMH/ÍNDICE A-Z

263
1343, marzo, 13
foro

Pedro González de Raval, escudeiro, tenente da sucesión que ordenou o deán Oeiro, afóralle a dúas voces a Martín Pérez o casal de Cas de Mende por terza de pan, viño, liño, sirgo e legume, un cuarteiro de trigo, por San Martiño 80 soldos, unha porca, un almude de viño e 2 mrs. de pan branco e por San Xoán un carneiro, un almude de viño e outros 2 mrs. de pan branco.

ACOu, Fábrica, II, 631

Sabeam quantos esta carta virem que eu Pero Gonçalves de Ravaal escudeiro, teente a suçisson que ordinou o deam don Oeyro que foy, por outorgamento do deam e cabidoo da igleia d’Ourense dou a foro a vos Martin Peres de Cas de Meendo por en toda vossa vida e de duas vozes apus vossa morte huna pus outra, o casar de Cas de Meendo que he da dita susçiçon en que vos agora morades, a monte e a fonte con suas casas e herdades, arvores e con entradas e seidas e con todas suas dereituras e perteenças por tal condiçon que vos que tenades e pesuyades enno dito tenpo o dito casar e o lavredes e paredes ben en tal maneira que non defalesca por mingua de lavor e de boon paramento, et dedes ende cada anno a min ou a aquel que tever a dita suçisson terça parte do pan e do vino e do lino e do sirgo e da legumia et de todo o outro grao que y deus der, conven a saber o pan na ayra e o vino no lagar, e hun quarteyro de triigoo por teega dereita de quatro çeramiis, et se triigo ouver sementado enno dito casar devedes me dar ende este triigoo do de consuun ante que se perca, et non devedes a coller o pan nen o vino do dito casar sen meu home e proveerdeslle de comer e de bever cumunalmente en quanto se coller o pan e o vino, et dardes a min ou a aquel que a dita soçisson tever cada anno por dia de San Martiño oyteenta soldos da moeda branca del rey don Affonso que agora corre de que contan quatro diñeiros por tres soldos por dereitura e huna porcalla e hun almude de vino et dous mor. de pan branco da dita moeda, et por dia de San Johan cada ano hun carneyro e hun almude de vino e outros dous mor. de pan branco da dita moeda. Et devedes a seer meus vasallos e daquelles que teveren a dita suçisson fiees e obidientes, et non tomar contra min nen contra aquel que a dita suçisson tever sobrello dito casar outro señorio. Et mortos vos e as ditas vossas voses o casar sobre dito feve a ficar livre e desenbargado a min ou a aquel que tever a dita suçisson sen outra contenda. Et outrosi he posto que sen estes foros que vos o dito Martin Peres e as ditas vosas vozes avedes de fazer a min e aos teedores da dita suçesson do dito casar e do outro que vos ia teedes aforado no dito lugar de Cas de Meendo que paguedes en cadahuun anno ao dito cabidoo da igleia d’Ourense aquello que lles o deam don Oeyro mandou en seu testamento pelos ditos casares. Et se vender ou sopeñorar quiserdes o dito casal primeiramente o vendades ou sopenoredes a min ou a aquel que tever a dita suçisson que a outre por o justo preço et se o eu ou aquel que tever a dita suçisson non quiser conprir ou reçeber obligado, enton vendades ou sopenoredes o dito casal aa tal pesoa que seia comunal de vos e conpla e pague en paz cada anno aquestas cousas que vos sodes tiudos de conprir, pero non a cavalleiro nen a dona nen a religiosa pessoa nen a moordomo de nenhuun homme poderosso, et se por non poder ou por negligençia o lavor do dito casar for perdudo ou as cousas que sobre ditas son non foren aguardadas, vos amoestados por tres vezes commo o dereito manda o non quiserdes correger ou enmendar, que eu ou aquel que tever a dita suçisson por nossa outoridade possamos reçeber o dito casar e avelo assi como o acharmos, et vos o dito Martin Peres e as ditas vossas vozes ou a qual quer de vos que o dito casar tever seiades tiudos de mo entregar et outrossi de me entregar aquelles froytos que foren perdudos do dito casar por mingua de lavor e de boon paramento sigundo que mandaren dous homes boons tomados a prazer das partes. Et eu obligo todolos beens da dita suçisson para vos e as ditas vossas vozes seerdes anparados con o dito casar a dereito no dito tenpo. Et eu o dito Martin Peres para lavrar o dito casar e parar ben e para pagar e conprir e aguardar todo esto que sobre dito he por min e polas ditas miñas vozes obrigo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Feita a carta en Ourense, treze dias de março, era de mill e tresentos e oyteenta e hun annos. Tests. Pero Anes de Canba, Johan Domingues da Ermada mercadores, Lourenço Fernandes dito Rosete, Fernan Affonso ourives, Affonso Rodrigues dito Branco moradores en Ourensse.

Et eu Gonçalvo Peres notario sobre dito que a esto presente foy e desto todo que sobre dito he en miña presença fige escrivir duas cartas anbas en huun tenor et en cada huna delas puge meu signal que he tal.

(sinal)