GMH/ÍNDICE A-Z

285
1346, decembro, 28
venda

María de Camba, co consentimento do seu marido, Domingo Iáñez, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle unha herdade en Calvelle por 40 mrs.

ACOu, Escrituras X, 54

Enno nomme de deus amen. Sabbean quantos esta carta viren que eu Maria de Canba, con outorgamento de meu marido Domingo Eanes que he presente e outorgante, vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues escudeiro, fillo de Rodrigo Ares cavalleiro que foy de terra d’Aguiar et a toda vossa voz para senpre, todo quanto erdamento, casas, arvores e terreos e cortinas que me a min ficaron de parte de meu padre e de mina madre enna friguesia de San Miguell de Calvelle e en seus termios. Et tanben vos vendo y alguuns herdamentos se os conprey enna dita friguesia de San Miguell de Calvelle en alguun tenpo con o dito Domingo Eanes meu marido, conven a saber aquelles que son de dizimo a deus. Vendovos os ditos herdamentos e cousas sobre ditas de dizimo a deus e livre e quite doutro enbargo, a monte e a fonte con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças, assy que vos e toda vossa voz façades dos ditos herdamentos e cousas sobre ditas toda vossa voontade e o que vos aprouver. Ca outorgo e connosco que reçebi de vos ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por os ditos erdamentos e cousas sobre ditas dardes, conven a saber quareenta mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso doyto en soldo cada mor. dos quaes quareenta mor. me outorgo por entrega e ben pagada. Et tollo de min e de toda mina voz todo dereito, jur, señorio, posisson, propiedade, voz e auçon e dereito que eu aio e de dereito poderia aver nos ditos erdamentos e cousas sobre ditas que vos vendo commo dito he, todo o tollo e parto de min e de toda mina voz e poñoo en vos e en toda vosa voz en corporal posisson delo para senpre por esta presente carta. Et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con os ditos herdamentos e cousas sobreditas que vos vendo commo dito he. Et quen quer que contra esta carta e venda veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a mina maldiçon, et peite a vos ou a vossa voz por nome de pena çinqoeenta mor. da dita moeda e aa voz del rey outros tantos peite. Et a dita pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, xxviiiº dias de dezenbro, era de mill e ccclxxxiiiiº annos. Testemuyas Vasco Peres, Johan Rodrigues moradores en Çebolino e Gonçalvo Rapatoios e Affonso Froytoso escrivan.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense polla igleia desse lugar que a esto presente foy e en mya presença o fiz escrivyr e meu nomme e signal y puge que tal he.

(sinal)