GMH/ÍNDICE A-Z

287
1347, abril, 30
foro

Os clérigos do coro afóranlle a perpetuidade a Pedro Fernández, home do cóengo Xoán Xiráldez, unha leira de viña e monte na Forcadura por catro libras e os foros ao señorío.

ACOu, Clérigos do Coro, 72

Sabeam quantos esta carta viren que eu Fernan Anes de Pinol et eu Fernan Peres clerigos do coro da igleia d’Ourense procuradores da unyverssidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense, afforamos a vos Pero Fernandes ome de Johan Giraldez coengo da dita igleia morador na rua do Vilar et a toda vosa voz para senpre em nome da dita unyversidade dos ditos clerigos do coro, huna leyra de viña e de monte que nos e os ditos clerigos avemos hu chaman a Forcadura que he em termio de Ourense, a qual leyra ias da huna das yllargas a par da viña de Johan Ares de Penna Vigia et da outra yllarga parte pela viña dos capelaos et em fondo topa na viña de Johan Fernandes dito Giça e em çyma na seara do bispo. Afforamos vos a dita viña e monte con todas sas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteeças por tal condiçon que a lavredes e paredes ben em maneira que non desfalesca por mingua de lavor e de boon paramento e pagedes ao señorio aqueles foros e dereitos que por eles a daver et dedes cada anno aos ditos clerigos do coro ou a seu moordomo por dia de Santo Andre do mes de dezenbro quatro libras da moeda branca de noso señor el rey dom Affonso de que contan qoreenta pares de diñeiros novos por tres libras. Et se vos ou vosa vos quiserdes vender ou deytar ou supenorar a dita leyra de viña que a vendades ou deytedes ou supenoredes ante aos ditos clerigos do coro ca a outre polo justo preço que outre por ela der, et se a eles non quiseren que enton que a vendades ou deytedes ou supenoredes aa tal pesoa que seia semellavel de vos et que faça o dito foro aos ditos clerigos do coro ou a seu moordomo segundo que vos ou vossa vos sodes tiudos de fazer. Et para vos e toda vosa vos seerdes anparados e deffesos con a dita leira de viña que vos afforamos obligamos a vos a dita unyverssidade dos ditos clerigos do coro. Et eu o dito Pero Fernandes por min e por toda miña vos assy reçebo de vos os ditos Fernan Anes e Fernan Peres a dita leira de viña e de monte que me afforades segundo dito he, et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para lavrar e parar ben e pagar e conprir e aguardar todo esto que sobre dito he. Et he posto que qual quer das partes que contra esto quiser pasar et o non quiser conprir e aguardar que peite aa outra parte que em elo quiser estar e o conprir e aguardar quiser por nome de pena çinqoeenta mrs. et a dita pena pagada ou non esta carta e afforamento fique firme e valla para senpre. Et desto em commo pasou os ditos Fernan Peres e Fernan Anes e Pero Fernandes pidiron a min notario que lles desse ende duas cartas partidas por .a.b.c. feitas em huun tenor. Feita a carta em Ourense o pustromeiro dia dabril, era de mill e trezentos e oyteenta e çynqo annos. Testemunyas que a esto presentes foron Estevo Anes, Martin Migues clerigos do coro da igleia d’Ourense, Andreu Fernandes clerigo, (Domingo) Anes coengo e Pero Fagundes oulyves e Ruy Pardo moradores em Ourense.

Et eu Pero Fernandes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto presente foy e en myña presença o fis escripvyr e meu nome e signal y puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)